Todolos artigos de: cafebarbantia

A siña Rodolfa

cuadro-retrato-de-jeanne-hebuterne-con-pamelaDomingo Regueira. Coa a cabeza enchufada nas pranchas, a siña Rodolfa perecía a raíña de In­glaterra coa súa pamela xardín. Leva­ba tres colchóns de espuma, que non se lle vía a cabeza.

Eduardo, que dende a tenda viu pa­sar aquela plataforma, saíu correndo a indagar o que era e, polos zapatos sen cordóns, descubriu que a portadora era a siña Rodolfa.

—Siña Rodolfa, de onde vén con tan­ta carga?

E con voz de bufanda, contesta: Seguir lendo A siña Rodolfa →

Pustina

12X. Ricardo Losada. Unha das sorpresas máis agradables que me trouxo o confinamento foi descubrir un mundo, o das series de televisión, no que, por unha mal entendida fidelidade ao cine, sempre me negara a entrar. Creo que non desfrutaba tanto as historias, polo puro e simple pracer de que me contasen unha historia, desde que era neno e ía ao cine da miña vila. Mesmo me acabou encantando ese tempo morto, nunca superior a un día, agardando (adoito velas de dous en dous) Seguir lendo Pustina →