Román Arén. Ismael Ramos naceu en A Picota (Mazaricos) en 1994, pero pasou parte da infancia e adolescencia en Noia. No ano 2013 gañou o Premio Francisco Añón con Hábitat / Interferencias e no ano 2015 acadou o Premio Johán Carballeira de Poesía con Os fillos da fame (Xerais, 2015). Xa no ano 2017 saíu do prelo Lumes, un poemario de forte narratividade, que invade ás veces os bordos do aforismo: “Deus deunos as mans para pedir esmola e amasar o pan. / Unha boca grande chea de fame distinta do bado exacto do paxaro”, e outras as do microrrelato de raíz surrealista, entre boas imaxes que van da “alta cultura” Seguir lendo Os fillos somos cicatrices
Todolos artigos de: cafebarbantia
Deportes autóctonos
Francisco Ant. Vidal Blanco. Paseaba por un pobo de Cantabria cando escoitei a unha nena de menos de 10 anos discutindo con seu pai sobre un xogador de bolos, cunha paixón que me sorprendeu e como só algunha vez lle oín a algún cativo sobre certos futbolistas que todos os días e a todas horas ocupan a pantalla do televisor. Aínda a maiores, a cativa paseaba vestindo unha camiseta coas cores dun deses equipos. Seguir lendo Deportes autóctonos
Imaxinar a paisaxe futura

Agustín Agra. Esta historia é curta. En pouco máis de cincocentas palabras, remata. Porén, se o amable lector dá chegado á derradeira, poderá escoller de que xeito continúa. A decisión será súa. O que ve unha persoa depende, segundo os psicólogos, do que está preparada para ver. Eu, en boa medida, descreo das palabras dos psicólogos. Seguir lendo Imaxinar a paisaxe futura
Pregón Feira do Libro de Rianxo 2020
X. Ricardo Losada. Estimados representantes da Xunta, da deputación da Coruña, do concello de Rianxo e da Federación de Librarías, benquerida inmensa minoría de asistentes a actos deste tipo:
Dos moitos enigmas que xorden ao longo da historia en todas as vilas e cidades do mundo, hai un, no caso de Rianxo, que se eleva por riba de todos os demais. Como foi posible que nun Rianxo empobrecido e analfabeto xurdiran, practicamente ao mesmo tempo, tres personaxes tan importantes da literatura universal? Tan importantes, que cando me propuxeron dar este pregón prometinme a min mesmo que non falaría deles. Seguir lendo Pregón Feira do Libro de Rianxo 2020