Todolos artigos de: cafebarbantia

Carta a unha lectora

pexels-photo-3776190Pilar Sampedro. “Co agradecemento a todos os citados, sen recoller as súas palabras exactas.” Os libros son para valentes, dixérao Pedro Feijoo, nun texto co que agasallou as bibliotecas escolares polo Día do Libro do ano 2016. El contaba que as historias poden arrastrarnos dentro dunha treboada, facernos chorar ante unha vida que se apaga, facernos rir ata desencaixarnos a mandíbula, arrebatarnos, cambiarnos a vida. Seguir lendo Carta a unha lectora →

Hipocondríaco

?????????????????????????????????????????????????????????????????????????????????????????????????????????????????????????????????????????X. Ricardo Losada. Unha das cousas boas que me trouxo a crise do coroavirus foi decatarme de que teño mans. Antes usábaas acotío, pero da mesma forma automática e distante coa que uso o aparato dixestivo ou o corazón. Incluso ao principio da crise, cando as autoridades sanitarias recomendaban lavalas, pero vía con soberbia occidental a epidemia en China, limitábame a enxaboalas Seguir lendo Hipocondríaco →

Sen medo a resistir

Processed with VSCOcam with c1 presetMaría Arcos. Xa era noite pecha, cando dous golpes fortes e secos a trouxeron ao mundo real. Quen podía ser a aquela hora? Que procuraban dela? Debería ocultarse na penumbra do silencio como se non escoitase nada? Debería pedir axuda? Conseguiría que os que a buscaban marchasen cansos de esperar? Non era tempo de interrogantes, así que, con axilidade, entreabriu o pequeno caixón do vello escritorio e agochou a carta que estaba a punto de rematar. Ninguén tería que lela agás o seu destinatario. Seguir lendo Sen medo a resistir →

A vacina dos soños

la-vida-del-coronavirus-3-h-en-el-aire-2-3-dias-sobre-superficies-240661-1_768Antón Riveiro Coello. Escoitei os aplausos nas fiestras e erguinme axiña para ver o móbil desa euforia que madrugaba ás oito da mañá. Cando abrín o balcón e vin o estoupido unánime dos aplausos, acompañados de vivas e apupos, sospeitei que algo extraordinario ocorrera e prendín a radio. O locutor mudara a súa voz sensata por outra rouca que berraba o nome dunha muller á que lle había que dar, xa, o premio Nobel. Seguir lendo A vacina dos soños →