Pilar Sampedro. Amañeceu o día da poesía e pasei case toda a mañá enviando whp: “Feliz día da poesía. Por que non enviamos un poema á xente que nos apeteza? Pode ser unha boa maneira de celebralo…” Non había ameazas, nin había que enviarlla a un número determinado de destinatarios. Seguir lendo No día da poesía
Todolos artigos de: cafebarbantia
O encanto do escritor
X. Ricardo Losada. Escribín hai pouco un texto nunha revista sociocultural dun concello galego de cuxo nome non quero acordarme para non facilitar a identificación da persoa da que vou falar. Nese texto expresaba a miña sorpresa porque moita xente se escandaliza de que xurdan parellas por internet, sen coñecérense persoalmente. Cren que é un síntoma evidente de dexeneración moral e afectiva. E sorpréndeme, dicía, porque durante moitos séculos e en diferentes países, culturas e relixións, foi habitual que persoas descoñecidas casaran sen coñecérense, e para toda a vida. Referíame, como é obvio, ás vodas dos reis, bendicidas polo Papa e a Igrexa. Seguir lendo O encanto do escritor
Un hidrólogo de Palmeira
Pastor Rodríguez. Non son as terras do Barbanza e Noia-Muros ricas en augas termais, mais aínda así deron, cando menos, tres médicos hidrólogos importantes: o ribeirán Manuel Jacobo Fernández Mariño (1784), o palmeirán Vicente García Millán e o muradán Antonio Novo Campelo (1878-1948). Seguir lendo Un hidrólogo de Palmeira A memoria das baleas
Marina Losada Vicente. A reloxo parado, fóra xa do tempo de desconto, Amalia cambiou o testamento. O que tiña claro aos sesenta anos, e que ratificou aos oitenta, producíalle nese intre un gran pesadume, unha angustia maior que saber que non volvería ver a súa única filla, Delia, nin a sentir o agarimo das súas mans. Seguir lendo A memoria das baleas