Pedro García Vidal. Mediado o século XIX, Noia, ao igual que outras moitas cidades e vilas, enxergaba un novo tempo nunha profunda metamorfose. O cambio significaba o nacemento dunha nova vila fóra do abafante cinto murado que ata ese momento concentrara toda a actividade política e socioeconómica. Seguir lendo 130 anos dun edificio simbólico
Todolos artigos de: cafebarbantia
Praias limpas, praias mortas

Xulio Gutiérrez Roger. Durante milenios as praias foron consideradas como lugares inhóspitos e de escaso valor. Á parte dalgunhas actividades extractivas ou lugar de varada de embarcacións, as praias foron ata hai moi poucos anos patrimonio case exclusivo da fauna salvaxe. Seguir lendo Praias limpas, praias mortas
Papel hixiénico
Fidel Vidal. Un pais de estrinxidos (velaí os abundantes anuncios de laxantes), no que non está ben visto falar de merda nin de cartos, como é quen de acumular rolos de papel hixiénico até baldeirar os estantes dos supermercados? Talvez por temor a perder a segunda parte gozosa da denominada fase anal, a seguinte ao alivio. Dos pecados sen pecar o mellor é o cagar, di o dito. Nomear cu, caca e peido dá en rir aos nenos. Un asunto de gran interese, xa que logo, unha vez que o neno é capaz de ir só, sen pedir axuda, supón para el un gran avance e un triunfo: o control de esfínteres. Freud sitúa a fase anal entre os dous e os catro anos aproximadamente, despois da oral e antes da fálica. Seguir lendo Papel hixiénico
Galegas do primeiro terzo do século XX
Pilar Sampedro. Acaba de publicarse o ensaio de Aurora Marco, Irmandiñas, e a novela de Neira Cruz, Veleno de tinta impresa. Ambos, cada un da súa maneira, recollen esa época. Irmandiñas afonda no coñecemento das mulleres que formaron parte das Irmandades da Fala, na chamada Sección Feminina (non, non inventaron o nome os fascistas). O libro de Aurora Marco, en palabras de Montse Dopico, “non só reivindica as asociadas das Irmandades da Fala, senón tamén moitas mulleres que participaron de distintas iniciativas xurdidas arredor deste movemento: as que formaron parte dos coros e agrupacións teatrais; as sociais ou protectoras do Seminario de Estudos Galegos Seguir lendo Galegas do primeiro terzo do século XX