Ramiro Ouviña O. A feira de Pedra Leirada era unha cita marcada en vermello nos calendarios da casa dos Patexos. Cada ano, Ramón e Ramona renovaban, na intimidade procurada polas árbores mestas da estremeira do campo da feira, o seu primeiro encontro «carnal» Seguir lendo The Ramones
Todolos artigos de: cafebarbantia
Os libros de David Bowie
Gonzalo Trasbach. A publicación do libro El club de lectura de D.B., pouco tempo antes deste noso confinamento, recordounos que o pasado dez de xaneiro fixo catro anos da morte de David Bowie (1947-2016). Dado que o impacto do seu finamento foi tan tremendo, tan inesperado, talvez nos pareza que a desaparición do intérprete e compositor inglés ocorreu hai moito menos tempo. Nado coma David Robert Jones, o artista veu ao mundo un oito de xaneiro de 1947 no barrio londiniense de Brixton e abandonouno definitivamente dous días despois de ter acadado a idade de 69 anos. Seguir lendo Os libros de David Bowie
Textos e emocións
Francisco Ant. Vidal Blanco. Chegoume unha carta que me encheu de ilusión. Propoñíanme un negocio ofrecéndome todos os bens imaxinables. Tan ben redactada que case caio na trampa. Non sería a primeira vez que unhas palabras amables me convencen e logo danme a puñalada, o que me converteu nunha persoa moi desconfiada ante certo tipo de promesas, afagos e adulacións. Seguir lendo Textos e emocións Pensando en ti
Marina Losada Vicente. Madrugo por debaixo do necesario. Os ollos ábrense pensando en ti. Salgo a unha mañá escura e non percibo a frescura do luar nin escoito o saúdo dos paxaros ao meu paso. Cando entesto o camiño, callado de herbas que acotío me lamben os pés, penso se conterán restos doutros pasos. Seguir lendo Pensando en ti