Todolos artigos de: cafebarbantia

Parkinson

imagesMauricia Ces Quintáns. Toda a noite. Toda a noite, toda a noite, toda a noite; toda a noite. Toda a noite, toda a noite, toda a noite. Toda, toda a noite SEN DURMIR.

             Toda a noite… Rosa, Rosa, Rosiña; Rosa, Rosa-Rosa; ROSA-ROSA-ROSA¡

             Toda a noite… mamá, mamá, mamá; mamaíña-mamaíña, vinde acá, ven aquí, MAMAÍÑA-MAMAÍÑA¡   Auxilios-AUXILIOS-AUXILIOS-AUXILIOS¡ Rosa vinde acá o… Seguir lendo Parkinson →

Pinocho (e V). De boneco a impostor

imagesFidel Vidal. Pinocho está ben avisado por Pepito Grilo que lle advirte das consecuencias de non obedecer: “Ai dos nenos que se rebelan contra seu pai e abandonan caprichosamente a casa paterna! Nada bo lles pode suceder no mundo, e máis pronto que tarde acabarán por se arrepentiren amargamente”. Con todo e iso Pinocho foxe da casa e non quere nin pisar a escola. A día de hoxe, a escola, como institución, e non só durante o chamado período de formación obrigatoria senón máis alá, forma parte dunha colectividade pedagóxica da que é imposible escapar. Seguir lendo Pinocho (e V). De boneco a impostor →

De libros e oficios

LibrooutrosoficiosPilar Sampedro. Rafa Villar ganou o XVI Premio de Literatura Infantil e Xuvenil Pura e Dora Vázquez coa obra O libro dos outros oficios. Libros de oficios houbo. Incluso libros nos que os oficios se mostraban a través de gravados que nos poñían en contacto coa imaxe e o traballo de cada un deles.  Coa idea en marcha, era cousa de profundar nos “outros” oficios, aqueles que en ningún dos tempos coñecidos tivo razón de ser. Así se nos presentan 33 relatos cheos de fantasía que teñen en común a inexistencia do oficio que describen. Polas páxinas van desfilando a afinadora de ventos, a apalpadora de estrelas, a apañadora de medos, a descubridora de xoguetes perdidos Seguir lendo De libros e oficios →