Xerardo AgraFoxo. Lera que a praia de Ipanema era máis cosmopolita e sofisticada, pero eu vina máis tranquila. O ambiente parecía familiar e as terrazas máis cativas que as de Copacabana. Dende a Punta do Arpeador, no extremo sur, ata o barrio de Leblón, un abeiro tradicional e apracible, sucedíanse hoteis e restaurantes. Dende ese lugar de encontro da mocidade carioca, recoñecido polos seus magníficos solpores Seguir lendo A favela de Vitigal
Todolos artigos de: cafebarbantia
Pinocho (IV). Pobre de oficio
Fidel Vidal. A pobreza está presente ao longo da historia de Pinocho. É “o libro da pobreza, fermoso, un milagre para min”, así o define Roberto Benigni. Esta vez o actor interpreta a Geppetto no Pinocho de Matteo Garrone, película destacada na Berlinale 2020. “Son o único actor no mundo que fixo Pinocho e Geppetto”(La Repubblica, 23/02/2020). A palabra “pobre” aparece a cada pouco, para cualificar ao pobre Pinocho como ao pobre Geppetto, ou a moitos dos personaxes, poñamos o pobre raposo, cos que imos tropezar, mesmo para describir a situación económica e social na que viven. Unha sociedade na que non había nin que comer nin que vestir. Seguir lendo Pinocho (IV). Pobre de oficio
A siña Fina e a súa parsimonia
Marina Losada Vicente. A miña avoa e a siña Fina eran veciñas porta con porta. A iso das doce coincidiron na panadería, como tantas veces. A dona, por entretelas, mentres arrefriaban un algo os bolos, preguntoulles que tal lles fora o día. A siña Fina, que vivindo soa non tiña présa ningunha, agradece a ocasión. Seguir lendo A siña Fina e a súa parsimonia
Menciña moderna
Domingo Regueira. Ghómes era inimigo da menciña moderna, odiaba a industria farmacéutica e tamén someterse á supremacía dos matasáns.
El dicía que os fármacos non curaban, senón que cronificaban a enfermidade.
—Home claro! Se te curan, acaban de te muxir. Seguir lendo Menciña moderna