Todolos artigos de: cafebarbantia

Ideas brillantes

682957_poster_lMauricia Ces Quintáns. Chegou o momento: había que pintar arriba. A casa levaba anos case deshabitada. Só nas reunións familiares con ocasión das festas máis sinaladas volvía encherse como antes; e as habitacións, deshabitadas a maior parte do ano, precisaban unha man de pintura.

          A esa conclusión definitiva chegou a dona tras considerar que os poucos euros que conseguiu furtar a outros gastos, que non aforros, debía investilos nesa necesidade. As raspaduras, fendas e humidades sinalaban o mapamundi de desatención nas paredes cubertas de anos e de esquecemento. Seguir lendo Ideas brillantes →

Monte Viso

descargaXosé Manuel Lobato. Ferve o mar, escurecese o Sar mentres se agocha Compostela. Moi preto, escintila con intensidade entre fumarolas místicas acompañadas dun estarrecedor resón o grande cumio sacralizado. Profundo culto panteísta nos peregrinos e romeiros, amantes e coñecedores da nai natura e, da súa fontenla de salgada vida, con todos eses datos programan de xeito minucioso as súas viaxes os milleiros de andantes. Seguir lendo Monte Viso →

Guerra en Angra dos Reis

11aXerardo AgraFoxo. Cando divisei o centro histórico, detrás do cal se adiviñaban uns curutos habitados, entrei na Oficina de información e turismo. Ao cruzar o seu limiar vin un cartel que me deixou abraiado. Con letras amarelas, sobre un fondo negro escuro, reflectíase unha explícita mensaxe: “Ajude o 33º BPM a combater o crime em Angra dos Reis. Seguir lendo Guerra en Angra dos Reis →