Xerardo AgraFoxo. O autobús deixoume nunha estación pequena. Non sabía onde estaba e dirixinme a un empregado que, algo desconcertado polas miñas preguntas apresuradas, me explicou que chegara a Porto de Santos. Aínda que me dixo que alí non atoparía onde aloxarme, puxen a mochila nun ombreiro e camiñei decidido cara ao centro histórico. Pola súa faciana decadente e tendas cativas semellaba un barrio do centro d’A Habana. Seguir lendo Pelé
Todolos artigos de: cafebarbantia
O tecido dos soños, de Teresa Pérez Tilve
Pilar Sampedro. A autora é, ao meu entender, unha resistente nata, unha muller que se foi facendo a si mesma ao longo do tempo e sen deixar nada atrás, en ningún dos ámbitos. No libro anterior A carón da máquina aproximámonos á súa experiencia vital, acompañando o seu paso de costureira a docente. Ela pasa por todas as etapas educativas: despois de mestra, exerce como profesora de secundaria e doutórase cunha tese sobre a relación entre nais e fillas na poesía de escritoras galegas e irlandesas. Cando se xubila escribe a novela xa citada. Seguir lendo O tecido dos soños, de Teresa Pérez Tilve
Foucault, unha Historia incompleta
Fidel Vidal. A Historia pódese escribir coido que con maior veracidade contando os avatares dos excluídos e marxinados, da xente anónima, en vez daqueloutra (propia dos libros de texto) cargada de fachenda e de poder, a dos amos que se encargan precisamente de clasificar, condenar e encarcerar. A outra, a que vai de encerrados e ignorados, descubre verdades ocultas, a realidade, como ben demostra Michel Foucault describindo o destino de dementes e presos –médicos e policías collidos da man-, na Historia da Loucura, unha arqueoloxía semántica e social dos tolos, ou en Vixiar e castigar, onde no cárcere, igual que no manicomio, o “panóptico” aparece como un avance estrutural. Seguir lendo Foucault, unha Historia incompleta
Rimbombante
Marina Losada Vicente. Era o seu ritual, e leváballe idea, igual que lle levaba idea almorzar cando a muller xa recollera a mesa, varrera o chan, lavara a louza da cea e a do seu propio almorzo. Cando xa pasara un pano polo mesado e polas baldosas. A Nucha o que a levaba era o demo, pero non dicía nada. Seguir lendo Rimbombante