Pelé

8aXerardo AgraFoxo. O autobús deixoume nunha estación pequena. Non sabía onde estaba e dirixinme a un empregado que, algo desconcertado polas miñas preguntas apresuradas, me explicou que chegara a Porto de Santos. Aínda que me dixo que alí non atoparía onde aloxarme, puxen a mochila nun ombreiro e camiñei decidido cara ao centro histórico. Pola súa faciana decadente e tendas cativas semellaba un barrio do centro d’A Habana. Unha muller levoume por unha beirarrúa que morría nas portas da catedral ata unha pousada familiar. Era unha casa de trazos coloniais onde me atenderon con amabilidade. Perdérame camiño de Santos e fora dar a Porto de Santos, a zona histórica mellor conservada da costa. Viaxar sen itinerario fixo, ás veces, toparme con sorpresas agradables. O dono explicoume que a uns centos de metros atopábase o Museo do Café e o Museo Pelé. Cando escoitei o nome do futbolista, a primeira pregunta que lle formulei foi de manual:

Para vostedes é un ídolo?

Talvez agardaba a pregunta, aínda que eu non esperaba a súa tallante resposta.

Para nada!

Entón mudei o sentido da conversa.

Pero el é de aquí?

8bQue va! El naceu na rexión de Tres Corazóns, ao sur de Minas Xerais, pero os pais viñeron para Santos fuxindo da miseria.

Nótolle certo receo.

Quere que lle conte?

Claro.

Abandonou a Sandra Regina, a filla que a xustiza o obrigou a recoñecer como súa, e non quixo vela no hospital cando estaba moi enferma. Uns días despois a rapaza morreu de cancro.

Que mágoa.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *