Fidel Vidal. Os zapatos -e non digamos as formas de madeira nas que se embuten para os adaptar á comodidade dos pés-, deron xogo dabondo ao longo da historia da creación. Hai contos nos que participan como protagonistas, tal o zapato de cristal da Cincenta ou as botas de sete leguas do gato, de Perrault. Na pintura lembremos A randeeira de Fragonard onde un zapato polo ar capta a atención do espectador, as babuchas de Delacroix, o par zocas ou os zapatóns de labrega de Van Gogh, os zapatos-pés en AFilosofía no tocador de Magritte, por non mencionar as series temáticas de Warhol. Seguir lendo Marilyn, de Joana Vasconcelos
Todolos artigos de: cafebarbantia
A parede da conciencia*
X. Ricardo Losada. A pesar de que vivimos tempos obsesionados por conseguir que os robots teñan unha cada vez maior intelixencia, os expertos consideran que non debemos preocuparnos mentres teñan a intelixencia dun réptil, dunha rata ou dun can. O problema virá cando cheguen a ter a intelixencia dun mono, pois os monos son conscientes de que non son humanos. Ás veces teño a impresión de que a obra do escultor lugués Álvaro de la Vega percorre o camiño contrario. Seguir lendo A parede da conciencia*
Auga e sangue
Marina Losada Vicente. – Avoa, se non tiñas braga, como facías cando estaban de regra?
– Un trapo amarrado á sintura cunha sinta, outra non había. Se manchabas a roupa xa se lavaría, non tiñamos tanta malisia como aghora. Sentabas e quedaba o regho de sanghe na pedra, pois quedaba, que importansia tiña! Seguir lendo Auga e sangue
Recoñecemento facial
Francisco Ant. Vidal Blanco. Mandáronme pór os pés nunhas marcas do chan. Logo fixéronme mirar a un punto concreto marcado nunha pantalla e tras uns segundos abriuse a porta de acceso á sala de embarque Seguir lendo Recoñecemento facial