Agustín Agra. A ficción é unha calidade humana. Para ben ou para mal, grazas a falsos relatos-mitos, relixións e ideoloxías de toda caste- cooperamos a grande escala e, xa que logo, prosperamos e colonizamos o planeta. Un dos termos de moda é, ademais de neoloxismo, un territorio ambiguo no que, apelando ás emocións, se menoscaba de forma deliberada a obxectividade. Seguir lendo Posverdade
Todolos artigos de: cafebarbantia
A assepsia do mal ou A culpa de quem é?

Alberte Pagan. Por que condenamos a morte ao soldado que, num conflito bélico, se nega a obedecer?, ao que rompe a cadea de mando? Por que condenamos a morte a esse mesmo soldado quando, escravo da cadea de mando, obedece aplicadamente as ordes recebidas quando consideramos que essas ordes atentam contra a humanidade (lea-se exército nazi)? Seguir lendo A assepsia do mal ou A culpa de quem é?
Un poeta esquecido
Pastor Rodríguez. Non naceu no Barbanza Eduardo Núñez Sarmiento, senón en Ribasar, parroquia do concello de Rois, o 20 de marzo de 1865, mais estivo moi vencellado a Noia, onde residiu varios anos e onde naceu o seu fillo, o poeta D’Arxellas, en 1888. Seguir lendo Un poeta esquecido
As miñas etapas

Eme Cartea. Manuel Romero, o internacionalmente recoñecido artista de Noia, está a expoñer na sala Lustres Rivas, de Ribeira, unha retrospectiva da súa prolongada produción, composta por 23 óleos e 3 esculturas, visitable dende o 17 do mes de xaneiro ata o 29 de febreiro deste 2020. Seguir lendo As miñas etapas