Todolos artigos de: cafebarbantia

Trapos

depositphotos_47046363-stock-photo-tshirt-on-clotheslineMarina Losada Vicente. No lavadoiro de fóra, os trapos a remollo, na espera de que a siña Ernesta meta man neles, frega que te frega, ata volverlles a cara negra en cara relucente. A botella da lixivia nun estante que fai a propia parede; o cepillo de pugas duras; o xabrón do lagarto, agora que non queda daquel que facía coa graxa do porco; un pequeno tendal, da altura da súa figura minguada. A filla e a neta berran, pero ela insiste en que non hai lavadora no mundo que deixe un trapo como debe de deixar. Seguir lendo Trapos →

Ensino, política e literatura

Foto: Marcos Creo
Foto: Marcos Creo

Pastor Rodríguez. Nacido en Palmeira, Plácido Betanzos García foi profesor a maior parte da súa vida activa como profesional, e durante moitos anos impartiu Tecnoloxía nos institutos de Coroso e Leliadoura da cidade de Ribeira. Profesor bondadoso e xovial, foi moi amado por varias xeracións de escolares pola súa proximidade e actitude entregada. Seguir lendo Ensino, política e literatura →

Galicia e os galegos na poesía castelá CXXXIII. Luis de Narváez

168315248Román Arén. En 1538 edítase en Valladolid a obra Los seis libros del Delphin de música en cifra para tañer vihuela do músico granadino Luis de Narváez, nado arredor de 1500 e morto entre 1550 e 1560. Estamos pois ante un músico que compón para as letras dos poetas. Ben se sabe que mesmo en lingua galega, ou que pretende selo, aparecen vilancetes e cantigas paralelísticas nalgunhas obras musicais do século XVI, como é o caso do Libro de música de mano intitulado El Maestro  (Valencia, 1534) de Luis milán (“Falai, miño amor, / falaime; / si non me falais / mataime…”) ou no Cancioneiro de Upsala (Villancicos de diversos autores, a dos y a tres y a cuatro y a cinco boces, Venecia, 1556), editado de novo en 1909 por Rafael Mitjana nesa cidade de Suecia Seguir lendo Galicia e os galegos na poesía castelá CXXXIII. Luis de Narváez →