Todolos artigos de: cafebarbantia

Costumes de alcoba

vinilo-de-mujer-cantandoMarina Losada Vicente. Na Cuba todo era diferente, aínda que algunhas cousas, sobre todo os xogos de alcoba, eran como en calquera outro sitio. Certo que para unha nena de doce anos, que acaba de desembarcar nunha mansión enorme, desde un Rianxo que non sabe situar no mapa, todo era estraño.

A primeira encomenda do día era facer o cuarto da ama, en canto esta se pechaba no baño. Chamáballe moito a atención os diferentes estados de humor cos que se levantaba. Seguir lendo Costumes de alcoba

El hijo del chófer, de Jordi Amat

portada_el-hijo-del-chofer_jordi-amat_202009031817Xerardo AgraFoxo. Máis que unha investigación histórica ou un documento sobre a realidade política e cultural catalá, este libro de Jordi Amat (Barcelona, 1978) semella una novela de terror. Nas súas apertadas páxinas cóntase a vida de Alfons Quintá, fillo do chofer que durante anos levaba ao escritor Josep Pla nas súas viaxes por Cataluña e Francia, onde se entrevistada con diversos personaxes que fuxiran do franquismo, coma o ex presidente Josep Tarradellas. Malia estas amizades, o devandito personaxe tratou de chantaxear ao mesmo Pla cunha carta que lle remitira cando tan só era un adolescente. A través dunha sinxela exposición dos acontecementos, Amat retrata en El hijo del chófer (2020) un insólito personaxe dos medios de comunicación. Seguir lendo El hijo del chófer, de Jordi Amat

“Skinty Fia”, novo disco de Fontaines DC

In-ar-gCroithe-go-deo-Lyrics-Fontaines-D.C.Gonzalo Trasbach. Despois de debutar cun sobresaínte “Drogel” en 2019, o quinteto de Dublín rubricou ao ano seguinte que continuaba na senda exitosa cando apareceu o seu segundo álbum: “A Hero’s Death”, unha obra que testificaba que na verde Eire había vida sonora máis aló do fastío dos U2. Agora con este “Skinty Fia” os irlandeses proclaman ben alto que levan catro anos sen parar de medrar. No primeiro disco botaron as sementes, que naceron e propiciaron a colleita dun marabilloso e maduro froito. Seguir lendo “Skinty Fia”, novo disco de Fontaines DC

Orfandade, ferida oculta

O Andel. Murmurius_de_ausentesRomán Arén. Déixome levar, dialogo co libro, ergo: fago a deostada crítica “impresionista”. Hoxe o recensionador dialoga co libro e consigo mesmo, non é xa notario de verdades. Tras a primeira cata no profundo, o lector que son agora pensa nas pedras de Caillois e nos velenos de Gamoneda, e alédase de topar o francés e os velenos. Quere fuxir da falacia autobiográfica e sabe que toda poesía tenta o diálogo co nós, malia a dificultade. Só no recordo se pode crer, na creación, con ironía, en diálogo ata con Bécquer (“do salón e no ángulo escuro) ou Pavese (“virá a morte e terá os teus ollos”). Seguir lendo Orfandade, ferida oculta