Todolos artigos de: cafebarbantia

Primeira persoa feminina

thumb_600_gal_295_03X. Ricardo Losada. Hai certa tendencia a pensar que os intelectuais son máis feministas porque namoran de mulleres cultas, mentres que o resto dos homes son machistas porque buscan mulleres pouco intelixentes para poder dominalas mellor. É unha estupidez. As mulleres, coma os homes, son máis ou menos domables, non en función da súa intelixencia e cultura, senón do seu temperamento e carácter. Seguir lendo Primeira persoa feminina →

O Cristo de Dalí

ab34500431aff02e8bcb4fb777a12fbfFidel Vidal. O coñecido Cristo de Dalí que está no museo Kelvingrove de Glasgow, un óleo de gran formato (206 x 116 cm.), titúlase “Cristo de San Juan de la Cruz”. O nome do cadro  -tal como conta o “falso louco”, así cualifica Lezama Lima a Dalí- naceu da inspiración ao contemplar os debuxos de Cristo realizados por frei Juan. Son debuxos a tinta sobre papel. Un deles, de forma ovalada, non excede os 5 cm. pola parte máis longa. Trátase dun Crucificado visto desde arriba, desde o costado esquerdo, onde un corpo exhausto, cravado de pés e mans por cravos imposibles, agoniza deixando caer unhas pingas de sangue. Seguir lendo O Cristo de Dalí →

Galicia e os galegos na poesía castelá CXXXI. Hartzenbusch

descargaRomán Arén. Don Juan Eugenio de Hartzenbusch foi carpinteiro, pero chegou a erudito, fundamental na súa época para a comprensión do teatro, membro da Real Academia Española en 1847 e a director da Biblioteca Nacional en 1862. Nacera en Madrid en 1806, de pai alemán e nai andaluza, e no seu século foi famoso como dramaturgo por Los amantes de Teruel e como poeta polas súas Fábulas en verso castellano (1848), xénero poético moi cultivado no século XIX e no que tamén destacaron os galegos Luis Folgueras, Concepción Arenal e o Barón de Andilla. Seguir lendo Galicia e os galegos na poesía castelá CXXXI. Hartzenbusch →