Ignacio Castro Rey. Retrato máis ben de certa dozura anómala. Ou da compaixón que vén, pois Todd Philips, nesta película que non deixa indiferente a ninguén, fala ante todo do sufrimento do ser humano, un tormento do perdedor que podería ser calquera de nós. Cando o protagonista baleira a neveira e se mete dentro, despois dunha infinidade de humillacións Seguir lendo Joker: retrato da violencia que vén?(I)
Todolos artigos de: cafebarbantia
Eveline
María Xesús Blanco. Eveline chegou de incógnito. Como o faría a personaxe principal nun libro de misterio. Ninguén sabe onde está. Nin as súas amizades. Tampouco a súa familia. Leva o cristal algo aberto para escoitar o son do vento que vai quedando atrás. Seguir lendo Eveline
Joan Margarit
Fidel Vidal. “Toda dor é un recordo da nosa elevada condición” (Novalis). A morte dun fillo é moito máis ca un trauma, é unha insoportable amputación. Algo inesquecible. Que significa iso de superar unha morte e sobre todo a dun fillo? Estamos ante unha perda insalvable. Peor ou mellor, vívese coa pena. Porque toda perda significativa devén en depresión, en tristeza e dó, en opresión interior que nos leva ao abandono acompañado dun sentimento de culpa sen ser culpables de nada. A sublimación como defensa é quen de aliviar a tensión e a rabia anoadas na alma mediante a descarga creativa. Seguir lendo Joan Margarit
A celebración
Francisco Ant. Vidal Blanco. Estas explosións de felicidade que nos marabillan, que tanto se manifestan cando vemos gañar ó noso equipo, levando a unha catarse colectiva a toda unha morea de ducias de miles de espectadores, dunha cidade enteira fronte á televisión Seguir lendo A celebración