Fidel Vidal. De sempre sentín admiración –ou talvez envexa?- por aquelas persoas capaces de se enfrontaren aos seus e arrincar con valentía no descorrer da vida seguindo os pasos dun proxecto propio e dun desexo. Ao respecto lembro un compañeiro de carreira que abandonou en segundo curso para dedicarse a ler Seguir lendo Xoán Piñón, Galicia consigo
Todolos artigos de: cafebarbantia
Imaxinando Compostela
Pilar Sampedro. O proxecto Imaxinando Compostela do Consorcio de Santiago, vencellado ao Xacobeo 2021, acolle exposicións varias. Seguir lendo Imaxinando Compostela
40-39 40-41
Marina Losada Vicente. Nunca tivera uns zapatos de tanto confort e deseño. Nunca tivera un calzado de última xeración. Fixo falta un desconto do 70%, certo, pero eran seus. Cada día que os poñía lembraba o sorriso medio burlón da dependenta cando ela pasou por caixa. Entendeu que era de desprezo, algo parecido lle pasara en tendas dese nivel. Non era subxectivo, mesmo téñenllo dito na cara: “pode que esta tenda non sexa axeitada para vostede”. Unha vez porque pedira unha talla máis acorde co seu corpo e outra porque o prezo lle parecera algo demasiado. Incluso un día, que entrou para facer unha encarga dun amigo que só vestía de marca, e antes de abrir a boca Seguir lendo 40-39 40-41
A Lareira
Oliveira Casal. Vai xa para trinta anos que andamos a rúa de baixos comerciais que comezaba na Praza de España. Deixabámonos levar polos recendos, polos reflexos do sol nos escaparates e polas conversas en calquera idioma recoñecible de entusiasmadas voces anónimas. Tendas de moda cara á colina de Pincio. Eramos mozos. Seguir lendo A Lareira