Román Arén. Gustavo Sánchez Galarraga naceu na Habana en 1892 e aos catorce anos publicou o seu primeiro poema e xa non parou ata o ano da súa norte, en 1934, pois publicou trinta e dous poemarios, entre os que destacan La fuente matinal (1915), Lámpara votiva (1917), La barca sonora (1917), Copos de sueño (1918), Excelsior (1919), Camionero de la vida (1920), La copa amarga (1920), Cromos callejeros (1920), Glosas del camino (1920), Música triste (1920), Flores de agua (1921), Senderos de luna (1924), Las espinas del rosal (1927)… Ademais foi dramaturgo (Teatro, 1918-1929, nove tomos), crítico teatral (El arte teatral en Cuba, 1916), autor de aforismos e de zarzuelas musicadas por Lecuona. Seguir lendo Galicia e os galegos na poesía castelá. O cubano Sánchez Galarraga CXXI
Todolos artigos de: cafebarbantia
Soidade viral
Antón Riveiro Coello. Hai uns cantos anos, cando as redes aínda non botaban lume, vin dous mozos enviándose mensaxes mentres compartían mesa e bebían un refresco nunha terraza. Naquela altura un podía entender que estaban en plena descuberta das posibilidades que lles ofrecía o móbil para se conectaren e o caso non pasaba de algo propio da idade e da absorción das novas tecnoloxías. Seguir lendo Soidade viral
O vello oficio de parteira

Patricia Torrado Queiruga. Nun momento coma o actual, é probable que nin sequera poidamos imaxinarnos o parto na casa, agora que todo está institucionalizado, mecanizado e medicamente controlado. Mais, houbo unha época, non moi afastada, na que os partos eran cousa da privacidade dun fogar, tendo a carón a túa xente, e nas mans da parteira da localidade. Seguir lendo O vello oficio de parteira
O moucho cego

Alberte Pagán. Um pintor de estojos, fumador de ópio, recebe a visita dum desconhecido que di ser seu tio. Quando o anfitriom vai buscar vinho ve por um bufardo a cena primigénia do relato: umha mulher/anjo vestida de negro oferece umha flor a um velho yogi que senta baixo um cipreste; um rego os separa; ela quer cruzar mas tropeça e cai, ante os exagerados risos do velho. Esta é a cena que obsessiona ao home e que pinta nos estojos umha e outra vez. Pouco despois a mulher/anjo aparece na porta do narrador, entra na casa, deita-se no leito. Está morta, vermes na carne. O narrador, após deitar-se com ela, despeça-a e leva os anacos numha maleta até um cemitério coa ajuda dum cocheiro/trapeiro/enterrador. O moucho do título é a sombra do narrador na parede, a única que pode chegar a entender a sua narraçom, escrita “para asegurar-me de que estes sucessos nom som produto da minha imaginaçom”. Seguir lendo O moucho cego