Francisco Ant. Vidal Blanco. Non o quero ver diante». Iso é o que escoitei estoutro día nun bar de Navia de Suarna mentres tomaba o café da media mañá. Pareceume moi cedo para pronunciar tan rotunda frase, e o taberneiro que me servía cantaruxou con voz de vello fumador de tabaco negro «o mal non ten horario nin data no calendario». Seguir lendo Foto resgada
Todolos artigos de: cafebarbantia
Galileo no espello da noite, de Xabier Paz
Xerardo AgraFoxo. Despois da publicación de A galera de Xelmírez (2015), ambientada na Era de Compostela, e Anibal e a Pintora (2017), baseada na violación da artista Artemisia Gentileschi, sae agora á luz Galileo no espello da noite (2019), o último volume dunha triloxía histórica. Tal como se desprende do título, esta novela ten como principal protagonista a Galileo Galilei, o sabio florentino perseguido polo Santo Oficio. A obra comeza cun interrogatorio (A semana máis aciaga da miña vida), segue coa súa andaina pola Toscana (Tomei posesión na corte dos Médicis) e remata coa súa morte uns anos despois (O novo ano non me trae melloras na saúde e fico encamado). Seguir lendo Galileo no espello da noite, de Xabier Paz
Compras de proximidade
Marina Losada Vicente. De non picarme os ollos quedarían no esquecemento, ese río que me inunda acotío. As gotas non estaban no bolso que usara o día anterior, o máis grande que teño. Non collín del un pano da man que propiciara que o frasco me caera ou me estorbase e o metera no peto do gabán, onde tamén busquei. Nin sequera saquei as chaves, a neta estaba na casa. Repasei os pasos que dera desde que saín da óptica. Vin para a casa sen facer parada algunha. Fora alí para recoller as lentes, queixeime de sequidade e Tareixa recomendoume unhas gotas. Pois a memoria, teimuda, da que tamén me queixei na óptica, non sabía do frasco. Seguir lendo Compras de proximidade
Poética de confidente

Antonio Piñeiro. Veño de estar na nova exposición de Manuel Teira, no Amanitas, na Pobra do Caramiñal, o café-bar sobrepasado de si mesmo coma lugar de encontro, conversa, cultura, estética, amizade; nunca de vez expresado como quixeramos. Das veces que teño estado no taller de Teira, sempre me quedou unha idea nova da linguaxe. Manuel muda de vocabulario tanto como lle sexa preciso á diversidade. Seguir lendo Poética de confidente