Todolos artigos de: cafebarbantia

Viúva

viuda-negraMarina Losada Vicente. Morreulle o home sen tempo de cotizar. Enterrouno envolta nun loito prestado, tapando os furados coa man. Deixoulle dous nenos e unha nena, herdeira da enfermidade do pai. A casa allea, a panela á cabeza, sobre o muído, os camiños do peixe por andar. Tirou cara a diante sen tempo para pensar. Chegado o momento, entregou o mando da familia, deixando voar a quen ela deu ás. Refuxiouse na casa que mercou de viúva, cando os pés non coñecían calzado e a súa columna empezaba a debuxar o signo de admiración, de tanto peso. Seguir lendo Viúva →

Paisaxe marítima

clean-up-4236380_960_720María Xesús Blanco. Un vaso de iogur, unha botella pequena de auga e unha bolsa baleira de pipas. Plásticos abandonados na area. A luz de maio reflíctese neles coma se fosen espellos opacos. O paseo resultaría máis agradable se non fose este nordés que arrefría as orellas. O iris quere gozar do contorno. Mais é tan inevitábel como imposíbel seguir coa mirada o periplo tolo do lixo esparexido. Seguir lendo Paisaxe marítima →

Un pedagogo noiés

El precursor gramaticalPastor Rodríguez. Nacido en Argalo, Noia, en 1859, Celestino Buján Suárez foi mestre de primeiro ensino e superior, a súa figura foi estudada na revista Alameda pola profesora Aurora Marco no 2001. Tras exercer en diferentes escolas galegas e de crear unha escola de adultos, obtivo o seu destino definitivo en 1893 na Escola Normal Superior de Mestres en Compostela, tras acadar o título de mestre normal na Escola Normal Central de Madrid. Dende esa data iniciou unha etapa da súa vida non só dedicada á docencia, senón tamén á participación en congresos sobre todos os temas relacionados co ensino. Seguir lendo Un pedagogo noiés →