Comercio local – Comercio global

old-1578895_960_720Pilar Sampedro. Semella necesario falar do comercio de proximidade fronte ao perigo do chamado comercio global, de hipermercado ou outros modelos homoxeneizantes. Na capital de Galicia o problema é realmente atafegante. Día a día van desaparecendo os comercios emblemáticos, os de sempre, aqueles que mantiñan a historia común e de marca de cidade, para ser substituídos polas tendas de recordos de baixa calidade, souvenirs uniformizadores,que se multiplican e repiten, formando un parque temático a modo de “todo a un euro”. 

Houbo unha crise, creáronse centros comerciais, avanzaron as vendas por internet; as cadeas e franquías vanse facendo cada día máis presentes… e atopámonos con que se concentra o comercio nunhas poucas mans mentres desaparece a pequena tenda especializada, o comercio de proximidade, o establecemento de barrio, o identitario que só podiamos atopar aquí. Eses negocios tradicionais que achegaban as relacións sociais e a atención personificada ao produto propio, eses son os que neste momento se botan de menos na cidade, os que se reivindican como necesarios para os que a habitan e os que a visitan, os que permanecer e os que pasan.

Fronte ao comercio global (de cadeas, marcas e franquías) non queda outro remedio que defender o local porque, quen vai preservar o noso, o propio, se non o facemos nós? Fronte á turistificación só nos queda a baza da singularización. Obxectos orixinais para loitar contra a homoxeneización porque, ou es distinto, ou vendes barato. Polo tanto, só apostando pola diferenciación se poderá resistir.

old-1739730_960_720Dise que o privado é político e teremos que afirmar que mercar tamén o é. A compra é unha arma coa que podemos decidir, igual que o facemos co voto. Por iso, non vale chorar polo que perdemos senón consumir responsablemente, comprometernos co que fai máis fermoso e sustentable o lugar no que vivimos e apoiar que non se peche ningún máis dos comercios que se deben preservar.

Nas aldeas vanse cerrando as tendas; en moitas desas comunidades xa non queda ningunha e, como se estiveramos nunha cidade norteamericana, debemos coller o coche para ir mercar as galletas do almorzo, o sal ou o pan. Tivémolas, pero non soubemos mantelas, non quixemos caer na conta de que, aínda que fixeramos de vez en cando a compra grande no hipermercado, tiñamos que conservar o pequeno comercio que nos servía para os apuros pero tamén para as conversas, para atoparnos cos veciños e preguntar sobre os produtos, porque nesa tenda tiñamos con quen falar e no supermercado non hai quen nos axude, autoatendémonos, autoservímonos a gasolina, autolavamos a roupa… e pagamos o paro de toda a xente que o empresariado foi expulsando do sistema. Nas aldeas perdeuse ese lugar cívico de socialización e nas cidades o comercio de calidade que nos singularizaba.

Só nos queda preguntármonos se temos algunha outra opción ou asistiremos pasivamente á deriva dos tempos.

9 comentarios en “Comercio local – Comercio global

  1. Apreciado Mingucho: Recordando la película de Rober De Niro, “Una terapia peligrosa”, te aplico lo de… “Tú eres bueno, muy bueno”; como ya te comentó nuestra querida y admirada Magdalena.-Pero si he de ser sincera, debo decirte que, “arremetes contra todo”.-Por eso permíteme esa expresión que proviene del Quijote… “No dejas títere con cabeza” pero a pesar de ello, me encanta leerte.
    Un abrazo virtual desde nuestra querida Palmeira.

    1. Querida amiga i estimable Naty.
      O que me dis tamén o penso eu. A veces coido que estou entrando nunha dinámica pesimista, catastrofista e apoloxista.
      Coido que a partir de agora bou coller unha pandeireta e dar unhas reviravoltas pola Vila cantando coplas de loubanza a presidentes de festas, de concellos, comunidades de montes, CCAA, de gobernos da Comunidade Europea e ata do Club Bilderberg.

      Quizais isto me sirva de terapia e se poida aplicar a parados, xubilados e desafiuzados.
      Daquela todo o mundo sería feliz e sairían en reviravoltas o monte a bicar os eucaliptos de Fidel e Magda.
      Cariñosas apertas amiga Naty.
      Grazas polo teu humor.

  2. Ben vida Naty o clube dos levantados en contra da salvaxe colonización foránea que nos transforma en meros seareiros deixándonos sen chica. Os bancos son os donos dos nosos aforros e os supermercados baléirannos tarxetas e moedeiros.
    Quedamos sen carpinteiros, fontaneiros e onde comprar unha folla de bacallau, alpargatas nin calzóns. Os pobos quedan baleiros. Fíxate en Palmeira que se está quedando nun pobo fantasma.
    A metade das vivendas valeiras, as leiras a campo pero as contribucións, recibo da auga i enganche da “Comercializadora regulada”, non fallan.
    Algúns din que temos —non que teñen—, que procrear.
    Outros barruntan que agora en vez de fillos o que tes son parados, cociñeiros, camareiros, “MIRAMOBILES” ou mariscadores furtivos.
    Apertas querida Naty.

    P.D.: O castrapo entendese bastante mellor que o normativizado e por iso non multan. Non debemos permitir que nos acomplexen.

  3. Pilar e Mingucho: Ante todo mis disculpas por mi deficiente lengua gallega. En lo sucesivo, procuraré hacerlo en mi lengua materna( castellano), para no meter la pata con ese descaro. Gracias por comprenderme. Más abrazos.

    1. Ben vida Naty o clube dos levantados en contra da salvaxe colonización foránea que nos transforma en meros seareiros deixándonos sen chica. Os bancos son os donos dos nosos aforros e os supermercados nos vician tarxetas e moedeiros.
      Quedamos sen carpinteiros, fontaneiros e onde comprar unha folla de bacallau, alpargatas nin calzóns. Os pobos quedan baleiros. Fíxate en Palmeira que se está quedando nun pobo fantasma.
      A metade das vivendas valeiras, as leiras a campo pero as contribucións, recibo da auga i enganche da “Comercializadora regulada”, non fallan.
      Algúns din que temos —non que teñen—, que procrear.
      E Algúns barruntan que agora en vez de fillos o que tes e parados, cociñeiros, camareiros, “MIRAMOBILES” ou mariscadores furtivos.
      Apertas querida Naty.

      P.D.: O castrapo entendese bastante mellor que o normativizado e por iso non multan. Non debemos permitir que nos acomplexen.

  4. Certo Pilar y Mingucho: Que estas grandes Áreas Comerciais, Supermercados, chegaron a prexudicar a pequena empresa ou tenda familiar.
    ¡¡Cómo nos gustou mercar neles!! E despois de facerlle unha pequena compra… Alguha contácheslle a tua vida e os teus males, e escoitaban ou eso parecia, ainda que solo fora pola compra que fixeches.

    ¡¡Y qué contenta volvías a casa con tu compra¡¡, después de “descargar” tus penas, aunque el peso fuera mayor a la vuelta. Porque antes no existían esos carritos tan monos y socorridos. Luego el coche de casa (en algunas cuentan con dos) que te desplazan a donde quieres. Y si el resto conduce… Ya me diréis: CIERRE TOTAL.

    De ahí vienen has “desfeitas” que Mingucho menciona que no son pocas.

    Termino reflexionando lo que bien dice Pilar: creo que estamos asistiendo, pasivamente, a la deriva del tiempo.

    Mis abrazos a los dos, desde este precioso rincón de Palmeira.

  5. Coido Pilar, que deberíamos promocionar as tertulias, pero en lugares silenciosos os cales por desgraza cada vez son menos.
    Televisores, bramidos, cafeteiras, molinillos e musica ambientada, atrofian a inspiración, o verbo e as ideas.
    Mal nos vai se non debatemos sobre estes temas. Pero aínda que sexa tarde penso que vale a pena, posto que nos esperan escenarios peores.
    Unha aperta.

  6. Cabe engadir amiga Pilar, que estas Áreas Comerciais ou grandes superficies, van levando tódolos cartos de vilas, aldeas e cidades deixándonos sen can. E antes os cartos quedaban no pobo; na tenda local. Tristemente nada podemos facer para evitar tal desfeita. Deixáronos nas mans do menstruo das multinacionais e os políticos aínda teñen cara a presentársenos diante, transformando a poboación en cociñeiros, camareiros e azafatas de hotel para servir os borrachos que veñen por aí a baixo.
    Moi bo, Pilar.

    1. Grazas, Domingo.
      Algo, sempre, poderemos e teremos que facer, porque o risco que corremos é moito.
      Centros comerciais que son abandonados ao dar permiso para montar outros, con todo o que isto trae de perdas e inseguridade. Nós nas mans do mercado (ese monstro sen rostro)…
      Volver a Berger e dicir en voz alta que sabemos o que fan e o que buscan. Encontrarnos para falar de todo isto, arredor dun café, no Barbanza.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Podes utilizar estas etiquetas e atributos HTML : <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>