Todolos artigos de: cafebarbantia

Cambiar de idea

41JQKJ5wxtLX. Ricardo Losada. Sempre que me poño a escribir un artigo coma este, activáseme a autocensura. Para que queres dicir tal cousa? Só vas conseguir que te lean aínda menos persoas das que normalmente te len. Porque ese tema do que quero falar é o feminismo e algúns excesos que está a cometer. Cambia de tema, dime de novo o cerebro; limítate a dicir estas cousas como fan a maioría dos homes, en privado. Regálalle rosas ás mulleres (elas son as que len neste país noso) e, sobre todo, ás feministas. Son as heroínas do noso tempo. Pero non. O meu cerebro non me deixa. Estudou filosofía para dicir, sabendo que pode estar equivocado, o que pensa, e para romper esquemas convencido de que só desde a loita conceptual de contrarios se pode progresar na ciencia e na moral.  Seguir lendo Cambiar de idea →

Galicia e os galegos na poesía castelá CXIX. Ecos de Compostela e o Camiño

spain-2450891_960_720Román Arén. O camiño de Santiago, a peregrinación, está moi presente na literatura europea (e mesmo máis aló), pero, como é lóxico, está moito máis evidente na poesía castelá, xa dende a Idade Media, e o Romanceiro amósao ben claramente. O problema do “romanceiro galego” é difícil e motivo de controversia, que eu evito, xa que acollo romances non recollidos entre nós. Seguir lendo Galicia e os galegos na poesía castelá CXIX. Ecos de Compostela e o Camiño →

Elas tamén xogan

71SC2W22a9L._SX425_Antón Riveiro Coello. Á pregunta dun periodista sobre se o City podía ser o primeiro equipo inglés en acadar un triplete, Pep Guardiola respondeu que esa posibilidade só se daba no masculino porque un equipo feminino xa o lograra. A resposta converteuse en noticia e, unha vez máis, puxo o foco na desigualdade que os medios de comunicación constrúen a diario dándolle máis valor a un adestramento de Messi que ao éxito dunhas xogadoras de baloncesto nun Campionato do Mundo, por poñer só un exemplo. Seguir lendo Elas tamén xogan →