Cambiar de idea

41JQKJ5wxtLX. Ricardo Losada. Sempre que me poño a escribir un artigo coma este, activáseme a autocensura. Para que queres dicir tal cousa? Só vas conseguir que te lean aínda menos persoas das que normalmente te len. Porque ese tema do que quero falar é o feminismo e algúns excesos que está a cometer. Cambia de tema, dime de novo o cerebro; limítate a dicir estas cousas como fan a maioría dos homes, en privado. Regálalle rosas ás mulleres (elas son as que len neste país noso) e, sobre todo, ás feministas. Son as heroínas do noso tempo. Pero non. O meu cerebro non me deixa. Estudou filosofía para dicir, sabendo que pode estar equivocado, o que pensa, e para romper esquemas convencido de que só desde a loita conceptual de contrarios se pode progresar na ciencia e na moral. 

     Invocarei tres feministas para defender a miña tese. A primeira, Aixa de la Cruz, autora dun libro extraordinario, Cambiar de idea. Di: “Le cuento al presidente que las heroínas irrumpen muy tarde en los géneros de acción porque el discurso esencialista siempre ha promulgado la pasividad y la dulzura que nos son propias. (…) Y hay un sector del feminismo que se basa en estos prejuicios. Es el feminismo que siempre habla de feminizar las instituciones, como si incorporar mujeres a la política o al ejército tuviera un efecto civilizador de por sí, como si todas fueran santas y su santidad, contagiosa. Es el feminismo que me irrita, y sufrió un duro golpe cuando se filtraron las torturas de Abu Ghraib”. Refírese a un vídeo no que aparecían soldados norteamericanos torturando prisioneiros iraquís, e que conmocionou a opinión pública porque tamén aparecían dúas soldadas. Recordei que cando se publican noticias de agresións a vellos e vellas en residencias xeriátricas, as agresoras físicas son, en moitas ocasións, mulleres. Porque non é unha cuestión de home contra muller. aixa-de-la-cruz-fotografiada-por-jeosmÉ unha cuestión de forte contra débil. Como di a filósofa francesa Élisabeth Badinter: “As mulleres son capaces de facer todo o que fai un home, incluído o peor imaxinable, como a violencia e o terrorismo. O separatismo entre sexos ten que acabar, ou a paz entre homes e mulleres non chegará nunca”.

     Outra muller, Mireia Darder, psicóloga social e experta en violencia sexual, cre que unha das razóns polas que se ocultaron (e aínda se ocultan) os abusos sexuais é porque negamos o que non somos quen de asumir. E di: “Fáltanos valentía para admitir dúas cousas: a cultura patriarcal e a capacidade humana para provocar dano”. Totalmente de acordo co primeiro factor. Totalmente de acordo tamén co segundo, pero cunha condición: que se refira a homes e mulleres. Dou clase de Filosofía e Ética nun instituto e sei que iso é o que necesitan oír os alumnos masculinos para sentírense realmente implicados (máis alá de Días da muller, reconto de mulleres mortas e demais conmemoracións) na xusta causa do feminismo. Comezan a pensar que a presunción de inocencia deixou de protexelos, e que están cargando cunha culpa histórica que a eles non lles corresponde. Que é imposible, como me dixo un día un alumno, que súa nai, ou calquera outra nai, crea que é el quen ten que demostrar a súa inocencia, e non quen o acusa, a súa culpabilidade.

5 comentarios en “Cambiar de idea

  1. Prezadas Carmen e Magdalena:

    Sen dúbida é unha moi boa noticia a sentenza do Tribunal Supremo e, sobre todo, algúns dos argumentos que expoñen, tan obvios que parece incrible que as outras instancias xudiciais non os tivesen en conta.
    Tamén coincido en que o debate é necesario. Todos debemos aportar reflexivamente as nosas opinións e impresións, xa que estamos de acordo no básico. Escribín o artigo porque unha compañeira de instituto me dixo que o seu fillo chegara o día anterior á casa indignado. Nunha charla no seu instituto unha feminista comezou dicindo que o 25% dos alumnos que estaban na aula eran potenciais violadores. Sei que esa declaración non ten nada que ver co movemento feminista. O que me preocupa é que percibo nas miñas clases que moitos alumnos están xeneralizando indebidamente ese tipo de declaracións, e creo que é o noso deber evitalo.
    Alédame moito, Carmen, compartir contigo o gusto pola literatura que mostra o “monstro” que todos levamos dentro. A única forma de controlalo é recoñecelo.
    Comparto con vós o gusto pola cama (aproveito para felicitar a Fidel polo seu excelente texto), pero sempre que non impida aledarse de que soa o espertador. Os humanos somos bípedes. E capaces de contestar, como xa demostraches moitas veces, calquera texto meu.
    Alivio, Magdalena, por ese sofisma só de primeira impresión.
    A min tamén me aburre rápido a lectura deportiva. Pero hai anos desfrutábaa moito e gústame respectar os meus gustos do pasado.
    A min tamén me gusta que me emocionen. Pero as emocións, máis aínda que as ideas, poden manipularse. E o problema que teñen é que, sobre elas, non pode argumentarse.

    Máis apertas humanas para as dúas

  2. Querido profesor:
    Como hoy me recogí más pronto de lo normal, vine al ordenador con intención de echar una ojeada a lo último de Barbantia y me encontré con tu extenso artículo sobre el feminismo y el no menos extenso diálogo con Magdalena.
    Habéis tocado un tema que a mi me produce cierto repelús por la forma en la que fue degenerando en su contenido el vocablo “feminismo”. Para mí el feminismo es un tema de debate muy serio que hay que tratar con trabajos como el que publicas. No cabe duda de que se están logrando avances en la igualdad de derechos, y obligaciones, entre hombre y mujer (la prueba la tenemos en las noticias que hoy publican todos los medios de información acerca de los cinco energúmenos que se ensañaron con una joven); pero estoy convencida de que esos logros se deben a personas como las que mencionas en tu artículo.
    A mí también me gusta mucho más la literatura que me interpela, que me lleva a descubrir lo menos bueno que hay en mí para tratar de mejorarlo; y no esa otra que te dice lo que quieres escuchar.
    Estoy con Magdalena en que la cama es el mueble por excelencia (¡cómo la voy a disfrutar cuando la pille dentro de unos minutos…) Sin embargo soy de las que no abusa de su uso; pero las pocas horas que paso en ella son de lo más relajante.
    Una cosa es leerte (estoy segura de que lo hace mucha gente) y otra, estar capacitado para dar una respuesta adecuada.
    Que tengas felices sueños.

  3. Cuando empecé a leer me pareció un razonamiento no muy creíble sobre lo de regalar rosas a la mujer. Lo entendí mal y tengo la mala costumbre de no releer lo que escribo; lo hago en el recuadro, lo envío, y no corrijo.

    La lectura deportiva no está mal siempre que sea el complemento de otras más interesantes, a mí, me arranca bostezos de hora y media . Soy así de aburrida.

    No es necesario que nos den masajes en el ego, pero soy de la opinión de que si alguien me llega a emocionar con su dialéctica, es de justicia reconocerle lo catedrático de su discurso con unas palabras de agradecimiento.

    Medios y estrategias para lograr sus objetivos : claro que los emplean. La prueba está en los medios de comunicación, su obsesión por la velocidad frente a la veracidad.

    Otro abrazo más fuerte y humano que el de Vergara, querido profesor. Salgo para caminar. Chao.

  4. Prezada Magdalena:

    1- Oxalá sexa certo que me le moita xente. É o que quere todo escritor. De todos xeitos, teño intención de escribir un texto sobre ese tema en breve.
    2- O feminismo é unha das grandes revolucións da historia da humanidade (quizais a máis importante porque afecta a toda a humanidade: beneficia ás mulleres, pero tamén aos homes: libres por fin dun rol absurdo, ridículo e, sobre todo, cruel). Negar iso é pura ignorancia e non admite discusión democrática. Outra cousa son os medios e as estratexias para conseguir esa fin. Iso si admite discusión democrática. Como a hai, mesmo dentro do feminismo, é moi importante que se coñeza, sobre todo as novas xeracións. Iso non quita que o obxectivo prioritario sexa o que ti moi ben sinalas: lograr unha igualdade efectiva que aínda non existe, nin por asomo. (NOn sei a que sofisma te refires)
    3- En principio, paréceme unha xeneralización inxusta sobre os homes. Non sei se te baseas en datos contrastados. Eu non os teño. De todos xeitos, prefiro ler un diario deportivo antes que moita da literatura seria que se publica ultimamente, e na que o escritor manipula as emocións e as ideas do lector dándolle o que quere ler. Xa sabes que a min gústame a literatura que me recorda que son unha mala persoa. Non a literatura que me dá masaxes no ego para crearme adicción compulsiva ás ficcións, moitas veces monetarias, do autor.
    4- Preocúpame moito a cantidade de conversas que teño ultimamente nas que aparece nalgún momento esta frase: “Se me gravan isto que estou dicindo e o colgan en Youtube…”. Co tema do feminismo pasa moito, e así non se solucionan os problemas. Complícanse. O caso Woody Allen é paradigmático. O que sinalas ti sobre algunhas feministas que só se molestan cando as mulleres insultadas son da súa corda, exactamente o mesmo.
    5- O feminismo, indiscutible. Os obxectivos da lei de violencia de xénero, indiscutibles. Os medios para acadar eses obxectivos, discutibles. Faltaría máis.
    Que eu saiba, foron redactados por seres humanos, non por deuses e deusas.

    Unha aperta humana

  5. Primero : estás equivocado pensando en que te lee poca gente. La gente lee, pero escribir, a veces es un sacrificio, y la comodidad a todos nos gusta.

    Segundo : me encanta que hables sobre el feminismo porque me atañe. En este punto te doy la razón cuando te refieres a “algúns excesos que está a cometer” pero, no me plantees ese sofisma de esa manera. Tú sabes que nosotras llevamos las de perder durante mucho tiempo; ahora la cosa ya está más equilibrada, a Dios gracias. Durante muchos años la mujer en nuestro país fue “la costilla”, algo secundario. Ahora ya formamos “casi” todo el esqueleto, incluida la cabeza, pero hubo que luchar.

    Tercero : te doy la razón, al decir que somos las que leemos. La mayoría de las veces que veo a un hombre con letras impresas en la mano, siempre están al lado de una fotografía de Messi o de Ronaldo.

    Cuarto : te doy la razón en que sí, debes obedecer a tu cerebro diciendo siempre lo que piensas, y no tienes por qué autocensurarte, es verdad que se están cometiendo algunos excesos y lo que suscribes de Aixa de la Cruz, es uno de los ejemplos . Las agresiones en las residencias geriátricas, efectivamente, la mayoría de las que cometen esas barbaridades son mujeres, y cuando hay algún escrache hacia mujeres de partidos políticos, aquí las feministas solo defienden a las féminas que a ellas más les compete por su ideología. Esas no defienden a las mujeres, defienden su doctrina.

    Quinto : te doy la razón en que, el separatismo entre sexos se tiene que acabar, pero…
    para ser todos iguales, aquí y en los Dardanelos.

    También estoy de acuerdo con el final de tu entrada. Todos parejos, como en el emblema del “Tanto monta, monta tanto”.

    Cariñosos saludos palmeiráns, querido profesor, incluyendo a Eva.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *