Todolos artigos de: cafebarbantia

A derradeira liçom do mestre

A derradeira leición do mestre (1945)
A derradeira leición do mestre (1945)

Alberte Pagán. Entre o 5 de outubro de 2018 e o 3 de março de 2019 tivo lugar, no Museu Centro Gaiás da Cidade da Cultura compostelá, a exposiçom “Castelao magistral”, artelhada arredor do seu óleo A derradeira liçom do mestre. Era a primeira vez que o quadro, pintado em Buenos Aires e propriedade do Centro Galicia da capital portenha, visitava a Galiza. Titulado A derradeira leición do mestre, este grande óleo de 1945 retoma e amplia a pequena estampa número 6 que no álbum de guerra Galicia Mártir (1937) levava por título “A derradeira lección do mestre”. Seguir lendo A derradeira liçom do mestre →

Galicia e os galegos na poesía castelá CXV. De nabos e xamóns. Cadalso

5-poemas-de-jose-cadalsoRomán Arén. Se hai un tópico sobre a alimentación dos galegos no século XVII é o dos nabos, a nosa comida nacional para os poetas casteláns; o touciño aparece moito menos. Nabos, pois, miles de nabos, “nabos filisteos” para Luis de Góngora, “Tierra de tocino y nabos” para Quevedo, e Lope, burlándose, di que foi o sobriño dun dos seus personaxes “el primero que sembró/nabos en Galicia” ou en Santa Casilda o criado galego afirma “adonde entre otros esclavos/cautivé, cogiendo nabos,/que era batalla naval”, pois é Galicia terra fértil “de nabos en cantidad” Seguir lendo Galicia e os galegos na poesía castelá CXV. De nabos e xamóns. Cadalso →

Pretérito perfecto

flechas-del-analisis-logicoAntón Riveiro Coello. Na política a estratexia do verbo é ben importante. Agora, o que é xa non é senón que foi. Vale isto para a culpa, os insultos e as mudas. Todo é variable, como diría Groucho, estes son os meus principios, se non lle gustan teño outros. Non pasa nada. Tanto ten a distancia que haxa entre unha palabra e outra, entre unha campaña e outra. O importante é usar ben o verbo. Os partidos políticos non se diferencian alá moito dun equipo de fútbol. Seguir lendo Pretérito perfecto →