Fidel Vidal. Despois de 500 anos da morte de “Il Genio”, en Trani, no Palazzo Beltrani, de abril a xuño, expóñense 40 obras inéditas nunca realizadas até o de agora. Anúnciao un titular do xornal La Stampa (07-04-2019) asinado por Fulvio Cerutti: “Exhibición en Trani do xenio Leonardo: 500 anos de marabillas entre arte, ciencia e filosofía”. O autor das pezas que se amosan nesa vila mariñeira da Apulia italiana asentada á beira do Adriático, é un enxeñeiro de Salento, Giuseppe Manisco, “que se aventurou na empresa, despois de ler As máquinas de Leonardo da Vinci, de Marco Cianchi”. Seguir lendo Leonardo da Vinci e as boas maneiras
Todolos artigos de: cafebarbantia
Lurditas
Marina Losada Vicente. Arrastrouna á aldea. Atrás o acomodo da cidade, onde todo acaía á man. De primeiro, a casa grande entretívoa poñendo visillos, tecendo tapetes. O home quería a xubilación para plantar leitugas e ela, que teimou en non ir, limitouse a un pequeno xardín na entrada. Atrás as amigas da partida, a misa dos domingos, o banco do parque cos netos, os comercios onde era tan apreciada, o cine de cando en vez. No horizonte, a procura da paz co home que amaba, que a convenceu de que, cunha casa grande, os fillos e os netos estarían presentes a cada paso. E estaban si, os domingos á mesa posta. Pero a semana ten sete días e cada día ten vinte e catro horas, máis agora, que se levantan ao alba, manía imposta. Seguir lendo Lurditas
Comercios con encanto e máis cousas
Pilar Sampedro. Hai comercios que queremos que duren moito, que pasen por eles xeracións e xeracións. Comercios dos que nos sentimos fachendosas por estar na cidade que compartimos. Comercios que fan máis ca ofertar bos produtos. Un deles é Couceiro, a libraría que cumpriu 50 anos hai uns días e que máis alá de vender libros galegos converteuse nun centro de cultura. Seguir lendo Comercios con encanto e máis cousas
Ese tempo que voa

Francisco Ant. Vidal Blanco. Supoño que a todos nos pasa o mesmo, que a medida que cumprimos anos a vida semella fuxir con máis présa, e sen embargo o tic-tac do reloxo sempre é o mesmo. De nenos as horas non daban pasado, un curso duraba unha eternidade e o que fixeramos dous meses atrás semellaba perdido na prehistoria. Seguir lendo Ese tempo que voa