Todolos artigos de: cafebarbantia

As alegrías de marzo

couceiroPilar Sampedro. Hai uns días falabamos das penas e pesares por unha libraría que se pecha (Andel, en Vigo); hoxe queremos falar dunha que se mantén (Couceiro, en Santiago). A libraría Couceiro acaba de cumprir medio século termando dun comercio cultural. Pasando dunha zona da cidade á outra, da rúa de San Pedro ao ensanche compostelán, e de aí á praza de Cervantes. Toda unha casa dedicada ao libro, maioritariamente ao libro galego, despois de ter sido pioneira na comercialización do libro portugués en Galicia. Seguir lendo As alegrías de marzo →

Espectáculo para ignorantes

img0Antón Riveiro Coello. Un podería pensar que hai algo infantil nunha parte da sociedade que se decanta por unha alternativa como Vox, aínda que só sexa para contestar unha enquisa. Se a mellor estratexia para unha formación política é falar o mínimo, iso significa que ten pouco que dicir ou moito que calar. E máis cando algúns políticos doutras formacións pasan o día esbardallando nos medios, dicindo hoxe, coa mesma convicción do día anterior, unha cousa totalmente diferente. Seguir lendo Espectáculo para ignorantes →

Licuarse

depositphotos_35933373-stock-illustration-water-butterflyMarina Losada Vicente. Desde moza tomou a infusión que alivia a dor, ata que deixaron de fabricala. Preguntou por unha similar, para os mesmos síntomas, pero non recorda cales eran, nin o nome da doenza.

…a escrita é un medio de licuarse, de darse a beber. Podes servir un té, un café cargado, augardente…

Despois de meses sen remedios e sen doenzas decidiu saír do papel e facerse ver. Seguir lendo Licuarse →

Ondas estrañas no mar

Sinal advertindo do perigo de tsunamis na baía de Monterrei (California)
Sinal advertindo do perigo de tsunamis na baía de Monterrei (California)

Jose Lires. Algunhas fotografías, pinturas, ou mesmo gravados clásicos, transformáronse en estampas icónicas co paso do tempo. Non podo dicir que teña unha imaxe predilecta deste tipo, pero si unha especial querenza pola recoñecida obra do pintor xaponés Katsushika Hokusai (1760-1849) A grande onda de Kanagawa. A escena representa unha paisaxe mariña onde, en primeiro plano, unha xigantesca onda ameaza afundir varias embarcacións. Seguir lendo Ondas estrañas no mar →