Espectáculo para ignorantes

img0Antón Riveiro Coello. Un podería pensar que hai algo infantil nunha parte da sociedade que se decanta por unha alternativa como Vox, aínda que só sexa para contestar unha enquisa. Se a mellor estratexia para unha formación política é falar o mínimo, iso significa que ten pouco que dicir ou moito que calar. E máis cando algúns políticos doutras formacións pasan o día esbardallando nos medios, dicindo hoxe, coa mesma convicción do día anterior, unha cousa totalmente diferente.

O desencanto adoita traducirse en excesos, e téndese á igualación no malo. Todos os políticos son o mesmo. E nese terreo é onde suma a extravagancia e os partidos que están nas marxes da lei. Lembremos exemplos populistas e vulgares coma os de Ruiz-Mateos ou Jesús Gil y Gil aos que moita xente estaba disposta a votar coma quen merca a entrada para ver un espectáculo. E si, non nos enganemos, entre nós hai moita xente xenófoba, machista, disposta a levar pistola pola rúa e expulsar inmigrantes. E o peor é que a ignorancia e o fanatismo mercan tamén estas teses.

Na miña vila había un home ao que o sentido lle andaba un nada polas silveiras. O coitado vestía unha esgazada chaqueta con xarreteiras douradas e varias condecoracións de xoguete. Gabábase de franquista acérrimo e facía o saúdo romano dende unha moto que adornaba con bandeirolas coas que reforzaba un patriotismo confuso e charramangueiro, moi semellante ao de Vox. Cando había eleccións, el si facía campaña e votaba, con euforia, a súa opción. Presumía de ter loitado por España na francesada e na Guerra Civil, algo imposible, porque a vida non lle alcanzaba para tantos acontecementos. Mais moitos de nós, ignorantes, puñamos creto nas súas palabras polo espectáculo e porque esas batallas aínda parecían arder na súa ollada.

Un comentario en “Espectáculo para ignorantes

  1. “Todos os políticos son o mesmo”. Podría contestarte que la causa que aduces adolece de sentido común, pero no, no te lo digo porque pienso – a pesar de que todos tenemos nuestra inclinación por alguien o por algo, que realmente es así. Ahora están que se matan por el jugoso “puesto” y luego en la intimidad intercambian abrazos con palmoteo de omóplatos incluido para que los pactos sean suculentos para ellos mientras tanto nos empalagan con sus discursos melífluos.
    Un ilustrado ex militar, “Jardine” fue Cónsul británico en la Coruña, este señor se carteaba con Jovellanos y cuentan que en una de sus cartas le decía: “Los españoles son el mejor tipo de gente bajo los peores gobiernos”. Ya ves, Antón, y, ya que nombras a alguno de los populistas, mencionemos también al que se autorretrataba vestido de almirante porque era un marino frustrado. Bueno, mejor hagamos mutis por el foro dejando a la “troupe” de este circo y que Dios nos coja confesados.
    Besiños palmeiráns, apreciado Antón.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Podes utilizar estas etiquetas e atributos HTML : <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>