Todolos artigos de: cafebarbantia

Cus de mal asento

Roland_Barthes__La_mort_de_lauteurFidel Vidal. Segundo Barthes “o escritor moderno nace ao mesmo tempo que o seu texto; non está provisto en absoluto dun ser que preceda ou exceda a súa escritura, non é en absoluto o suxeito cuxo predicado sería o libro; non existe outro tempo que o da enunciación, e todo texto está escrito eternamente aquí e agora” (Roland Barthes, A morte do autor). O tempo do texto unicamente se pode acertar se vai axustado ao lugar que o describe, e este lugar será o centro: un tempo centrado nas palabras. Aí está Hamm para amosárnolo coa imposibilidade de dar con el, porque sabemos que se trata dun imposible ou, o que é o mesmo, dun sitio imaxinario a escoller: o centro son eu. Estamos a falar dos cus de mal asento. Seguir lendo Cus de mal asento →

A árbore da vida, de Álvaro de la Vega

aasX. Ricardo Losada. Visito no Museo de Arte Contemporáneo de Vigo a extraordinaria exposición A árbore da vida do escultor lugués afincado en Rianxo, e nun dos cumios da escultura galega actual, Álvaro de la Vega. A medida que me movo polos diferentes grupos escultóricos (376 figuras de madeira), recordo o asombro que me produciu hai moitos anos decatarme da inmensa variedade de xestos e posturas que tiñan os meus alumnos á hora de escribir nun exame. Pasei dúas horas fixándome nos detalles e como eses detalles configuraban mundos e psicoloxías diferentes. Seguir lendo A árbore da vida, de Álvaro de la Vega →

Triste é o cantar que cantamos

andelPilar Sampedro. (Aos libreiros de Andel (que ademais apoiaban as asociacións de defensa do libro galego) en agradecemento por eses vinte anos facendo cultura e país). O peche da libraría Andel en Vigo tráenos, de novo, o mal aire, os ventos de Hamlet en Dinamarca, esa pena de non poder soster a casa de noso. Que as librarías pechen xa non é noticia, fechan cada día ao longo da xeografía cultural. Tanto nos acostumamos á súa desaparición que semella normal, algo esperado. Ata aí chega o noso conformismo ante esta sociedade do mercado salvaxe, sen límites. Seguir lendo Triste é o cantar que cantamos →

Así non se xoga

Matalobos
Matalobos

Francisco Ant. Vidal Blanco. Hai tipos con moi mal perder, como eses dous anciáns que a principios de ano se liaron a facadas por unha partida de dominó nun centro de convivencia. Quen sabe onde estaba a disputa, que parte do amor propio se aldraxara. Asemade, tampouco nos imaxinamos que lles puido molestar, a semana pasada, a dous pais que se liaron a cabezadas, coma verdadeiros castróns Seguir lendo Así non se xoga →