Todolos artigos de: cafebarbantia

“Doppelgänger”, teatro e libro

DoppelgangercapaPilar Sampedro. Unha obra de teatro escrita por Paula Carballeira e publicada por Edicións Positivas, na colección DiTeatro. Un espectáculo internacional creado pola compañía galega Berrobambán xunto á compañía colombiana El arca de N.O.E. e coproducido polo Centro Dramático Galego. A obra toma o seu título do alemán doppelgänger, un termo que foi acuñado polo novelista Jean Paul en 1796, e que significa “o dobre que camiña ao lado”. Seguir lendo “Doppelgänger”, teatro e libro →

Amor e alegría no traballo

arbeit_macht_freiFidel Vidal. Resulta inevitable recordar o cínico e infame anuncio, a tristemente famosa frase Arbeit macht frei, “O traballo faravos libres”, a insultante lenda forxada e instalada á entrada do inferno de Auschwitz. A historia, segundo Hegel, vén marcada pola desigualdade entre os seres humanos, inscrito no vello problema dialéctico do amo e do escravo. Seguir lendo Amor e alegría no traballo →

Rosiñiña

muertecasaMauricia Ces Quintáns. Roosa, Rosiiña, Rosiñiiña…! Lévame, lévame contigo, Rosiñiña, lévame contiiigo¡ Os berros escachaban como chumbo nas pedras sen eco da corredoira. Por toda a aldea retumbaban os teus gritos. E o rebote do silencio doía máis forte que a desesperanza. Palpitaba o medo. A ausencia partía nas túas costas como vimbios secos. Era a fin, sen máis. Seguir lendo Rosiñiña →

Desengano

camiseta_blanca_con_puntilla_921_g_1Marina Losada Vicente. Mirábame ilusionada desde o caixón, si, pero tamén con picardía. Era tan bonita que nunca chegaba o día de vestila. Nin na festa, que recibía cantareira, nin no aniversario, nin na estrea da obra de teatro, nin na comida do nadal, nin sequera en fin de ano, cando a roupa interior adoita ter un especial protagonismo. A camiseta, que eu acariñaba decotío coa man e coa mirada, pasaba o tempo esperando maiores fazañas. Seguir lendo Desengano →