Amor e alegría no traballo

arbeit_macht_freiFidel Vidal. Resulta inevitable recordar o cínico e infame anuncio, a tristemente famosa frase Arbeit macht frei, “O traballo faravos libres”, a insultante lenda forxada e instalada á entrada do inferno de Auschwitz. A historia, segundo Hegel, vén marcada pola desigualdade entre os seres humanos, inscrito no vello problema dialéctico do amo e do escravo. Se a morte en Hegel supón un valor fundamental, non se pode pensar en Freud sen aludir ao concepto de castración. Coa aparición da morte, a nada faise presente no ser do home, quer dicir, a nada penetra no ser. Cando Freud fala da negación é para dicir que “algo se está afirmando, non o ser, senón un significante que introduce a falta de ser”. Un ser en falta.

Así mesmo, pola súa banda Lacan (a banda de Lacan) sostén que “Hegel amosou (…) que a realidade (…) de cada humano está no ser do outro… Hai alienación recíproca. De onde resulta que o Eu é ese amo que o suxeito encontra nesoutro ser“). Entre amo e escravo existen significativas diferenzas, como que “ao escravo impónselle unha lei: satisfacer o desexo e o gozo do outro. Non abonda con que pida clemencia, é necesario que traballe. No traballo dítanse normas, horarios, entramos no dominio simbólico” (Lacan, Os escritos técnicos de Freud). Mentres en Lacan “a linguaxe supón alienación (fundamental ou delirante), Hegel atopa na linguaxe a realización” (G. Gallino, Psicose, o mito do amo e o escravo).

El-trabajo-os-hará-libres-AuschwitzPero non abonda con traballar arreo e cumprir coa normativa imposta. Iso, ademais de se dar por suposto, entraría no salario. O que nos esixen, sen vir por escrito en ningures, é que os labores sexan realizados con amor no corazón e alegría nos beizos. Porque non nos conformamos, o amo non se conforma -sexan os outros empregados ou parentes- coa atención que se lles preste senón que, ademais, esixímoslles, como un deber, o de estaren agradecidos, felices e contentos. Pedimos que nos queiran.

amor amor amor golpe dun émbolo antiquísimo/ moendo o soro inalterable/ das palabras (S. Beckett, “Crebando”)

Noutra orde de situacións, e sirva de modelo, así acontece coas mamás e papás (políticos ou de sangue) que pretenden dos seus fillos e noras (ou fillas e xenros, tanto monta), non só a súa participación nos rutineiros xantares dominicais, senón que acudan contentos e felices ao rito semanal da carne asada con patacas e, destacando en vermello, o inevitable pemento morrón. Sempre, naturalmente, que a presenza veña acompañada de mostras de cariño nos seus rostros. De non ser así, para viren por obriga, mellor que no veñan. No caso de non asistiren a cousa empeoraría, xa que logo os pais ofenderíanse interpretando a ausencia como un auténtico desprezo.

HAMM: Non me queres.

CLOV: Non.

HAMM: Antes queríasme.

CLOV: Antes! (Samuel Beckett, Fin de partida)

9 comentarios en “Amor e alegría no traballo

  1. Querido Fidel: Ante todo mi agradecimiento por tu amable respuesta,
    a mi “deslavazado” comentario, pero que tu has entendido a la perfección.
    Respecto a las filloas voy a decirte que nunca deben ser gruesas porque entonces no serían filloas, sino unas simples parroeiras.(no te rías)
    Por lo que me cuentas, las preparas tú.
    Si estuviéramos cerca, me agradaria ofrecerte un plato de postre con unas poquitas, y así pudieras opinar. Y al decir de postre, me refiero al tamaño de las mismas, ya que estéticamente se ven mejor pequeñas.
    Soy de gustos un tanto refinados, por eso cuando las veo en algún lugar grandes, y un tanto gruesas, se me van las ganas de probarlas. Soy un pelin “sibarita” pero a lo pobre como suelo decir. Y termino con las filloas, pero antes dándote mi receta personal:
    En un cuenco, del tamaño que te parezca, viertes medio cartón de leche con una monda de limón para que coja sabor. Luego añades dos o tres huevos previamente batidos y que mezclas con la leche. Ahí es cuando, suavemente, vas añadiendo la harina, y siempre con una cuchara de palo, para que no coja grumos, hasta lograr una textura más o menos líquida, no espesa.(non son chulas)- Reposo, media hora aproximadamente.
    Luego pinchas, en un tenedor, un trozo de “tocino de cerdo”. Y ya con la sartén caliente, y de forma circular, vas impregnando la misma con él.
    Con una cuchara grande de sopa, vas cogiendo el líquido del cuenco y con “estilo” vas estendiéndo el mismo por la sartén, haciendo unos pequeños movimientos con la misma, para estirar el líquido. Y ya a partir de ahí…, que sea lo que Dios quiera. Es fácil, aunque me haya extendido un poco.
    !Ah¡ Un pequeño platito con azúcar y unos polvitos de canela, para que a medida que las vas sacando, se lo eches por encima. Hay quien le añade una gota de anís, y también mantequilla, pero eso ya es a gusto de cada cual. Buen xantar!!! Y paso a otro tema de tu comentario.

    No creo que alguien escriba para competir con nadie. Creo que, sobre todo, lo hacemos para complacernos a nosotros mismos, y si de paso llega a los demás…, ¡cuánto mejor! Un abrazo e boas tentacións.

    1. Miña prezada Naty: Tomei nota da túa receita das filloas. Xa vexo que é necesario un pequeno repouso antes de pórse á faena.
      Moi agradecido. Saúde.

  2. Querido Fidel: Como siempre, disfrutando con la lectura de tus magníficos artículos rebosantes de cultura, y que una recoge lo que puede. Pero también es cierto que, para desarrollar ciertos temas, habría que estar muy preparada para poder competir con vosotros.
    Pero para eso ya están esas dos estupendas comentaristas, como son Mary Carmen y Magdalena. -Yo a la cola recopilando pequeños fragmentos de vuestros artículos pero; casi siempre, lanzados en clave de humor por vuestro café.- Me agrada leerte.

    Para terminar, y con tu permiso, me agrego a esa pequeña anécdota que le has dedicado a Magdalena:
    No sé ahora, pero en mi época decían que la gentes iban a las bodas, sobre todo, para “manducar”.

    -Es por lo que vino a mi mente el de las “patacas”, cuando con una comida tan exquisita y abundante no quedara saciado.- Y es verdad, porque siendo unas adolescentes, algunos padres, nos llevaban a las bodas cuando se trataba de personas muy conocidas o familiares; por eso conocíamos bien el tema.

    -Todavía recuerdo a unos matrimonios comentando durante los postres, que la comida no había sido abundante. Y eso que se trataba de cordero con arroz, que te hartaba solo con mirar el plato.

    Y por si esto fuera poco, después de semejante enchente…, o “das patacas”, di que foron contadas. ¡Menudas tragaderas!

    Te recordaré al hacer mis primeras filloas. Un abrazo.

    ,

    1. Grazas querida Naty, por te acordares de min cando esteas enfaenada coas filloas. Eu adoito facelas de auga e non de caldo ou leite, sáenme mellor, aínda que desta vez resultaron un pouco gordas de máis. Vou pedirche un consello: O “almohado” é necesario deixalo en repouso ou non? De resultar si, por canto tempo aproximadamente?
      O que non podo é deixar de advertir que cando escribo algo non entra nas miñas intencións o competir con ninguén. Trátase sinxelamente, e coido que así o podemos definir, dun exercicio mental que, en moitas ocasións, pode resultar mesmo agradable. Un xeito, penso eu, de pasarmos o tempo sen caer noutras malas ou peores tentacións.
      Saúde e mel para as filloas.

  3. Eu sei o do cura que foi convidado. Cenou sopa, leitón asado con patacas cocidas e leituga, cordeiro a chanfaina, tres perdices escabechadas, unha fonte de arroz con leite e un surtido de doces de frixideira. “Sobraba a ensalada” comentou o reverendo o levantarse da mesa un tanto pesado.
    Filloas fíxenas onte. Non eran da pedra pero sabían a gloria bendita.
    AMIGO NO GIMA.

  4. Querido Fidel:
    Siento llevarle la contraria (pero sólo en parte) a tu postura ante los “rutineiros xantares dominicais”. Precisamente: acabo de llegar de uno de esos “xantares”, que, a veces, suelen ir acompañados de una buena película de cine. O, como hoy, que nos hemos acercado a la “Quinta de los Molinos” a contemplar los almendros en flor.
    Pero para que una comida familiar resulte agradable, tiene que haber consenso de las partes y nunca asistir como imperativo. ¡Qué maravilla cuando tenemos ocasión de reunirnos…! Sin ataduras impuestas, eso por descontado. Tampoco soy ajena a los “xantares” que mencionas, y creo que de ellos saqué buen aprendizaje…
    En cuanto a la parte filosófica de tu artículo, prefiero no meterme en discusiones de las que no sabría salir: Hegel, Froid, Lacan, Beckett… Demasiado para mis entendederas.
    Menuda ironía el cartelito de Auschwitz… Precisamente hace poco estuve leyendo “El hombre en busca de sentido”, una autobiografía del psiquiatra y escritor Victor E. Frankl; y de este libro saco una frase de Nietzsche elegida por el autor del citado libro: “Quien tiene un porqué para vivir, encontrará casi siempre el cómo”. Parece imposible que esta cita sea del pensador alemán y que un hombre encerrado en un campo de concentración le encuentre sentido.
    En lo referente a la muerte, estoy más con Hegel que con Freud.
    He leído tu artículo de pasada. Me hubiese gustado profundizar algo más; pero es muy tarde y todavía tengo que preparar unos apuntes para finalizar mañana el trabajo que venimos desarrollado sobre Fernández Flórez: elegí este autor porque parece haber quedado en el olvido.
    Bonitos sueños.

    1. Naturalmente, miña -”algo o moi?”- atafegada Carmen, que é unha marabilla cando hai unha ocasion para xantarmos xuntos uns amigos ou mesmo uns parentes. Concordo contigo. Eu refírome ás “obrigas” das que algúns coñecidos se queixan por teren que asistir “os sábados con mamá e os domingos coa sogra”, e non son quen de romperen co costume cando, o que realmente están desexando, é quedar na súa casa vendo unha película ou iren, poñamos a Palmeira, a pasar a fin de semana.
      Victor Frakl, un nome a lembrar para ler a súa obra, ou mesmo Bethelheim, outra vítima dos campos de concentración nazis, dos que se salvaron. Mais sufriron “un sentimento de culpa” precisamente por se veren como escollidos en canto saíron do inferno.
      Un pracer contar coa túa participación. Saúde.

  5. El que mandó instalar esa cínica frase en Auschwitz, querido Fidel, con toda seguridad que al leerla, la recitaría como si fuera un poema. A esas misma personas, la palabra “prado” tal vez les suene más a hierba y vacas que a una famosa pinacoteca. El poder irremediablemente corrompe si no se articulan sistemas para evitarlo, y ellos tuvieron el poder en sus manos.

    El siguiente modelo que pones de ejemplo, admiradísimo Fide, “dos rutineiros xantares dominicais” a mi menda cada vez que le dicen que : as patacas asadas co pemento vermello ou cos verdes indecisos de Padrón, hai que deixalos para a semana seguinte , a os meus beizos asoma un sorriso, e non che digo nada o que pensa o meu lombo – aínda que non sepa pensar e o faga por el, a testa-. Ese escravo (eu ) a veces pide clemencia. E si me preguntan :
    - Non me queres ? contesto:
    - Moito.
    - Pero, antes…
    -Antes, tiña menos anos e as costas tiñan todalas vértebras dereitas coma liñas.

    Moitos biquiños con pementos e alcaparras.

    ISAAC NO RONCA ASÍ.

    1. Atenta Magdalena.
      As alcaparras non poden faltar nunha pizza.
      Como era o conto respecto das patacas? Aquel sempre insatisfeito que, comentando a enchente do día anterior como convidado, respondeu algo así:
      -Houbo de todo, polvo, ameixas, navallas, cigalas, nécoras, rodaballo, carne asada, pero, que queres que che diga?, as patacas contadas.
      En efecto, Isaac non ronca así porque SOÑA SÓ COS AÑOS.
      Saúde e filloas da pedra.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Podes utilizar estas etiquetas e atributos HTML : <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>