María Xesús Blanco. No interludio a brisa achega sempre olores mesturados, como de piñeiro enxoito e area mollada. Calquera día unha coloración gris e humedecida anegará esta paisaxe. Mais hoxe a alborada volveu abrir despexada. E o serán zumega un verán que se resiste a esvarar no carreiro do fuxidío. Seguir lendo Equinoccio
Todolos artigos de: cafebarbantia
camasperfectas.com
X. Ricardo Losada. Cando fixemos o reparto das tarefas domésticas, a muller propuxo que ela lle pasaba o ferro á súa roupa e eu á miña. Pareceume razoable pero sospeitoso. Era a única tarefa na que dividiamos ao cincuenta por cento o traballo. No resto, un clásico isto para ti, isto para min. Seguir lendo camasperfectas.com
As illas Casitérides
Xulio Gutiérrez Roger. Para os fenicios a situación exacta das Illas Casitérides era un segredo de enorme valor militar e político, que trataron de manter oculto por todos os medios. A tal efecto fixeron circular o conto de que estaban alén de mares embravecidos poboados de monstros terroríficos. É ben certo que o Atlántico non é un apracible lago suízo, pero non é menos certo que o paso de embarcacións polo Finis Terrae é continuo desde os albores da navegación. Seguir lendo As illas Casitérides
Buñuel, poeta
Fidel Vidal. Jean-Claude Carrière, no Limiar aos Escritos de Luis Buñuel (Páginas de Espuma, 2000), di que Buñuel era “home de silencios, de meditación”. Gustaba de vivir, xogar, improvisar, contar historias, mesmo “ás veces a mesma historia varias veces no mesmo día, pero con sutís variacións”. O cine, dicía, é un encargado de vestiario que pregunta polos zapatos que deben ir na escena do baúl, e o director de cine é aquel que non pode permitirse responder: “Non o sei” ou “Non me importa”. Sempre se mantivo a distancia da escritura, se ben participou no seu magnífico libro Mi último suspiro. Buñuel, agás nalgunhas excepcións, non escribía os seus guións. Seguir lendo Buñuel, poeta