Gonzalo Trasbach. Para Magdalena e Carme. Este texto sobre unha das mulleres máis incendiarias que poboan a miña secreta caligrafía sonora feminina atrevida foi ideado cando tiven unha pequena polémica con estas dúas amigas e colegas deste Café literario. Para quen ademais quero recuperar o que dicía o compositor e pianista norteamericano John Cage: <A música é unicamente atreverse a escoitar os sons do mundo antes de que callen nun signo, en linguaxe codificada ou moeda corrente> (é isto o que a música ten de (in)humano?). Seguir lendo Carla Bozulich: predicadora “On Fire”
Todolos artigos de: cafebarbantia
Un libro sobre Mandela no centenario do seu nacemento
Pilar Sampedro. Factoría K publica Nelson Mandela. O camiño cara á liberdade da autoría de Antonio Lozano e traducido por Ramón Nicolás. Antonio Lozano xa conta con outro texto traducido á nosa lingua, Eu son Suleimán. Unha boa novela que trata dos traballos dun rapaz africano que chega ao noso país despois de mil vicisitudes, pero non para acadar o paraíso senón para volver ao punto de partida ao que o devolven no final do relato. Unha historia triste da que semella ter caído a esperanza. Unha narración que se converteu nunha obra teatral moi representada en Canarias. Agora, volve a África para contar a historia de Mandela a través do relato dun mozo que vén sendo o seu bisneto. Seguir lendo Un libro sobre Mandela no centenario do seu nacemento
Os nosos
Moisés Suárez. Rosa está encantada de poder volver andar espida por toda a casa. Sempre lle gustou ese costume. Pero nos últimos seis anos, con papá vivindo con nós non podía facelo. Eu insistía en que non se cortase. Para entón meu pai xa non se decataba de nada e para el ver o corpo espido de Rosa había de ser coma ver un moble ou unha persoa das que saía na televisión e coas que teimaba en entaboar conversa. De feito, cando se decataba da presencia da muller na casa adoitaba preguntar: ¿E esa quen é? Eu dicíalle “é Rosa papá, a miña muller” e el continuaba “Pero, ¿non é túa nai logo?” e remataba “Entón non é dos nosos”. Seguir lendo Os nosos
Propaganda vital
Francisco Ant. Vidal Blanco. No termo de tres meses Xulio estivo vendo a lúa de sangue entre os templos de Agrigento, a auga burbullando en Fontibre e o reflexo do sol nunha das fiestras da Casa do Garda no parque Güel de Barcelona, pero non sacou ningunha foto no Facebook. Seguir lendo Propaganda vital