Todolos artigos de: cafebarbantia

Finxidores

mascaraAntón Riveiro Coello. Se como di Ciorán a mentira é unha clase de talento, os máis dos escritores deberiamos de nos sentir dotados porque a literatura dalgún xeito é unha mentira asumida por todos. O noso oficio non é outro que procurar historias na nosa imaxinación e contalas para que sexan verdade dentro do texto. A quen lle importa unha mentira ben contada? Pois ben, na vida real, da que tanto nos nutrimos os creadores, a xente do común usa a mentira para construír outros relatos que case sempre adoitan ter obxectivos escuros que non debemos aceptar. Seguir lendo Finxidores →

Galicia e os galegos na poesía castelá XCVIII. Outra vez Góngora

sello_góngoraRomán Arén. As brutais décimas gongorinas alporizaron a Francisco Trillo Figueroa, galego establecido en Granada, que respostou cunhas décimas contra Andalucía. Tamén Quevedo respostou, non para defnder a Galicia, senón para aludir á pretendida liñaxe xudía de Góngora.

Tamén se atribúe a Góngora un duro soneto contra Galicia:

Pálido sol en cielo encapotado,/ mozas rollizas de anchos culiseos,/ tetas de vacas, piernas de correos,/suelo menos barrido que regado;/campo Seguir lendo Galicia e os galegos na poesía castelá XCVIII. Outra vez Góngora →

Cando ser narcisista non é malo

Matalobos
Matalobos

Francisco Ant. Vidal Blanco. Xa sabedes a historia de Narciso, aquel namorado de si mesmo que de tanto amor que se tiña morreu afogado. Desde aquela, todos os narcisos de adxectivo (que non de nome) foron sinalados como egoístas, insolidarios, presumidos ou vaidosos, entre outras moitas cousas. E este narcisismo despectivo nos varóns converte en presumidas ás mulleres, e se aquel é rexeitable estoutro ata é estimado. Seguir lendo Cando ser narcisista non é malo →

Catro lecturas do verán

fumoInés Otero. Nestes derradeiros días do verán lin catro libros que gardan entre si unha coincidencia. En Fumo, Ivan Turguénev conta a historia de tres persoas, Litvínov, Irina e Tatiána, unidas por unha complexa relación amorosa. Antoine de Saint Exupéry narra en Voo nocturno as peripecias dos pilotos que levaban o correo postal polas estremas chairas da Patagonia nunha época onde a navegación aérea semellaba unha auténtica aventura. Para Isabel é un fermoso relato contado por Antonio Tabucchi que nos leva a seguir as pegadas deste comprometido personaxe, perseguido por unha ditadura noxenta, a través de xeografías diversas e paisaxes algo máis familiares. Seguir lendo Catro lecturas do verán →