Galicia e os galegos na poesía castelá XCVIII. Outra vez Góngora

sello_góngoraRomán Arén. As brutais décimas gongorinas alporizaron a Francisco Trillo Figueroa, galego establecido en Granada, que respostou cunhas décimas contra Andalucía. Tamén Quevedo respostou, non para defnder a Galicia, senón para aludir á pretendida liñaxe xudía de Góngora.

Tamén se atribúe a Góngora un duro soneto contra Galicia:

Pálido sol en cielo encapotado,/ mozas rollizas de anchos culiseos,/ tetas de vacas, piernas de correos,/suelo menos barrido que regado;/campo todo de tojos matizado,/berzas gigantes, nabos filisteos,/gallos del Cairo, búcaros pigmeos,/traje tosco y estilo mal limado;/cuestas que llegan a la ardiente esfera,/pan de Guinea, techos sahumados,/candelas de resina con tericia;/papas de mijo en concas de madera,/cuevas profundas, ásperos collados,/es lo que llaman reino de Galicia.

O soneto circulou en copias con moitas variantes e Filgueira Valverde editou a versión do soneto da Biblioteca Nacional (“Pálido son en cielo encapotado…).

O cura de Fruíme, Diego A. Cernadas de Castro, respostou a este soneto con outro no século XVIII e acusou ao cordobés de mirar Galicia con “ollos pitarrosos”.

Filgueira tentaba “salvar” a Góngora atopando referencias á paisaxe galega nas “Soledades” do cordobés, pero a crítica atopa o argumento pouco crible.

 

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *