Todolos artigos de: cafebarbantia

A mesa de Lito

paris-de-noia-2-CopiarAntón Riveiro Coello. Cando eu estaba piques de encetar a maioría de idade xunteime con outros tres amigos para formarmos un grupo de rock e fomos dende A Limia a Compostela mercar un equipo de son nunha tenda que había na rúa do Preguntoiro. O máis caro daquel equipo foi unha mesa Acoustic de segunda man que nos custou medio millón de pesetas, unha fortuna daquela, e que aínda levaba un adhesivo co nome do seu anterior propietario: París de Noia. Seguir lendo A mesa de Lito →

Galicia e os galegos na poesía castelá XCIV. Lope de Vega escribe castrapo

CA00362501Román Arén. Lope de Vega foi un dos poetas fundamentais do Romanceiro Novo e o profesor Antonio Sánchez Jiménez leva anos estudando e editando o Romanceiro lopesco, seguindo o ronsel do seu mestre Antonio Carreño. Agora (2018), na colección Letras Hispánicas da editorial Cátedra, edita os Romances de senectud de Lope, é dicir, os que escribiu entre 1621 e 1635. No volume, que numera do LXXIV al CXXXIII (porque segue a numeración dos romances da madurez, que son setenta e tres), atopo algo sorprendente, o romance CIV, editado a partir do Códice Durán-Masaveu (xa editado en 2011 por García de la Concha, Madroñal Durán e Domínguez Cintas), que xa publicara en 1856 Cayetano Rosell na Biblioteca de Autores Españoles. Seguir lendo Galicia e os galegos na poesía castelá XCIV. Lope de Vega escribe castrapo →

Dous nenos na Exposición de París de 1898

Expo paris 1889Fidel Vidal. Os recadros de Azorín (Biblioteca Nueva, Madrid, 1965) é unha “edición homenaxe” ao autor polo seu noventa aniversario que contén unha manchea de artigos tirados das páxinas do ABC. Un deles, Homenaxe Debido, vai dedicado a Emilia Pardo Bazán, “unha homenaxe que lle debemos os españois”. Ambos autores coñecéronse en Madrid e mantiveron correspondencia. Azorín visitouna no “entón deshabitado” pazo de Meirás: “Quere sabelo todo, téntaa, en San Francisco de Asís, o misticismo”, mesmo “proba o naturalismo” e ensaia “un rexionalismo amplo e non exclusivo”. Seguir lendo Dous nenos na Exposición de París de 1898 →

Vontade de poder, o motor da vida

strenghtSara Tubío Rial. Traballando a Nietzsche en clase de filosofía vimos distintos aspectos que criticaba: a filosofía, a relixión e a ciencia. Chamoume a atención que criticase a ciencia por ser demasiado mecanicista e positivista; é dicir, porque rexeita que os seres humanos actuemos como máquinas, de xeito predicible, e porque defende que hai unha forza, que fai que o ser humano actúe ansiando ser cada vez máis e máis. El chámaa vontade de poder, e non vou definila porque, como diría el, mataría con conceptos algo inexplicable. Se ben é certo que no día a día realizamos accións rutineiras, hai moitas outras que levamos a cabo grazas a esa forza interna que nos dá o empuxón necesario para ansiar ser máis, facer máis, lograr máis. Seguir lendo Vontade de poder, o motor da vida →