Vontade de poder, o motor da vida

strenghtSara Tubío Rial. Traballando a Nietzsche en clase de filosofía vimos distintos aspectos que criticaba: a filosofía, a relixión e a ciencia. Chamoume a atención que criticase a ciencia por ser demasiado mecanicista e positivista; é dicir, porque rexeita que os seres humanos actuemos como máquinas, de xeito predicible, e porque defende que hai unha forza, que fai que o ser humano actúe ansiando ser cada vez máis e máis. El chámaa vontade de poder, e non vou definila porque, como diría el, mataría con conceptos algo inexplicable. Se ben é certo que no día a día realizamos accións rutineiras, hai moitas outras que levamos a cabo grazas a esa forza interna que nos dá o empuxón necesario para ansiar ser máis, facer máis, lograr máis. Polas mañás, por exemplo, ao preparar o almorzo, collemos unha cunca e engadímoslle leite, iso é rutina; pola contra, cando sona o espertador, aínda que nos gustaría seguir durmindo, erguémonos co obxectivo de comezar un novo día con novas oportunidades. Iso é vontade de poder.

Outro exemplo son as decisións espontáneas. Cantas veces ocorre que temos claro qué imos facer ou escoller e, chegado o momento, cambiamos de opinión, podendo saír así beneficiados ou, en moitos casos, prexudicados! Pode que analizaramos de antemán pros e contras, pero algo nos impulsa a cambiar de idea. Iso é tamén para min a vontade de poder.

Por que a ciencia non o pode explicar? Supostamente, nos días en que vivimos, a ciencia é un dos pilares fundamentais do coñecemento, capaz de explicalo todo (ou case). dqmb4upsx8n5sbtnpkv7ajvi46arpeleevshkdcsrnk7e8bMais, neste caso, ao igual que Nietzsche, non creo que a forza interna explicada nos parágrafos anteriores, a vontade de poder, poida resumirse en procesos físicos, químicos e biolóxicos. Non. Hai un exemplo que é dos máis claros: tocar o piano, de aprendiz a xenio. Dúas persoas aprenden a tocar o piano, e ambas saben tocalo; con todo, unha delas outórgalle algo á súa música distinto, algo que fai que sexa máis bonita e agradábel: é un xenio. Moita xente sabe tocar o piano pero non todo o mundo é Beethoven, Mozart ou Chopin.

Inexplicable e indescritible, a vontade de poder, o motor da nosa vida, é algo que a ciencia nunca chegará a explicar. E iso resulta fermoso. Resulta fermoso saber que, malia todo o que estudamos en bioloxía –os seres humanos están formados por células, tecidos…–, somos algo máis; levamos dentro algo que nos impulsa a non ser só materia e procesos físico-químicos. Somos máis. Temos a vontade de poder que nos impulsa.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Podes utilizar estas etiquetas e atributos HTML : <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>