Fidel Vidal. Precedido dunha “Carta a un amigo-novo” escrita por João Lobo Antunes (irmán de António, psiquiatra e escritor candidato ao Nobel), remítese á experiencia doutros autores que padeceron graves enfermidades ou eran médicos, como Chekhov, “doente e escritor que dizía ser a Medicina a mulher legítima, e a literatura, a sua amante” (..) “Reconhecia, no entanto, que, se apenas pudesse contar coa imaginação para construir a sua obra literaria, pouco teria para escrever”. Apuntamos esta pasaxe porque o libriño (De Profundis, Publicações Dom Quixote, Lisboa, 12ª ed, sen contar coa Carta-Limiar apenas alcanza as 50 páxinas, cunha magnífica e suxestiva coda final: Entrelinhas duma Memória), é unha xoia Seguir lendo De profundis, Valsa Lenta, de José Cardoso Pires
Todolos artigos de: cafebarbantia
Homenaxe a Ana Rivas
X. Ricardo Losada. Como este ano imparto de materia afín Cultura Clásica, pedinlle a Ana Rivas, a profesora de Grego, que lles fose dar ás miñas alumnas de 4º da ESO unha clase sobre a traxedia grega. Animábame unha intención pedagóxica pero tamén a curiosidade morbosa de descubrir ese secreto que tanto me intriga desde hai moitos anos. Como é quen de engaiolar alumnos de todo tipo e condición. Descubrín o segredo Ana Rivas nesa clase? Pois si. Ela mesma o revelou: Soy medio desparrames, dixo, e a miña mente traduciu ese xenuíno autorretrato a unha frase que sempre considerei a mellor receita da felicidade: Vive coa seriedade coa que xogan os nenos. Seguir lendo Homenaxe a Ana Rivas
Memorables
Antón Riveiro Coello. Hai políticos que van polo camiño de seren recordados, máis que polo seu traballo, polas súas respostas estridentes e o seu dispor á polémica. No fondo, son seres memorables aos que non lles importa estar no centro do furacán. Tal é o caso do ministro Montoro, un ser arrouta-do, decidido, directo, que solta frases Seguir lendo Memorables
A música mecánica de Pierre Bastien

Alberte Pagán. O 12 de maio passado o músico francês Pierre Bastien actuou no Liceo Mutante de Pontevedra. O elemento visual é tam importante nas actuaçons de Bastien que chega a ser imprescindível. A sua música mecânica funciona melhor em directo, quando vemos o que escoitamos e escoitamos o que vemos. Seguir lendo A música mecánica de Pierre Bastien