Homenaxe a Ana Rivas

ANA RIVAS 1X. Ricardo Losada. Como este ano imparto de materia afín Cultura Clásica, pedinlle a Ana Rivas, a profesora de Grego, que lles fose dar ás miñas alumnas de 4º da ESO unha clase sobre a traxedia grega. Animábame unha intención pedagóxica pero tamén a curiosidade morbosa de descubrir ese secreto que tanto me intriga desde hai moitos anos. Como é quen de engaiolar alumnos de todo tipo e condición.    Descubrín o segredo Ana Rivas nesa clase? Pois si. Ela mesma o revelou: Soy medio desparrames, dixo, e a miña mente traduciu ese xenuíno autorretrato a unha frase que sempre considerei a mellor receita da felicidade: Vive coa seriedade coa que xogan os nenos. Así era. Ana impartía clase e os alumnos oíana coa seriedade coa que xogaban de nenos. De feito, naquela clase tiven a marabillosa sensación de que cada instante podía derivar tanto na mesura dunha traxedia como na desmesura dunha comedia. Non vou explicar por que, xa que todo o que explicas perde vigor e intensidade. Limitareime a contar algo que vivín neste instituto o ano pasado. Paseando por un dos corredores, cruceime cun alumno vestido de romano. Agardei que me fixese a típica chanza de saudarme co brazo estendido cara a diante e a palma da man cara a abaixo, pero como non era Entroido, e ía a Cultura Clásica, saudoume como me saudaba sempre. O desparrame do disfrace era só medio desparrame. Pero o máis curioso non foi iso, senón que me decatei de algo que nunca antes percibira. Aquel alumno tiña a fisionomía que hoxe lles atribuímos aos romanos.

     Mágoa que non teña tempo para revelar todo o que me supuxo aquela clase. Só direi que Ana contou, como nunca oín contar, o mito de Edipo Rei. Nese mito hai un famoso enigma: Só ten unha voz, e anda con catro pés pola mañá, dous ao mediodía e tres pola noite. Cantos menos pés ten, máis rápido corre. Se o coñeces, ámate, pero se non o coñeces, loita contra ti e destrúete. A solución dese enigma é, como sabedes, o ser humano. Pero non todos os seres humanos encaixan nese perfil pois hai seres humanos que, como Ana, se elevan por riba da súa condición e se converten en heroes, pero non en heroes narcisistas como os gregos, que loitan pola inmortalidade, senón en heroes que loitan por facer cada instante das súas vidas máis belo, máis virtuoso e máis verdadeiro, sabendo que eses instantes non os cantará Homero nin un xornalista de La Voz do Barbanza. Porque Ana é o que os seus queridos gregos chaman kalos kai agathos, o extraordinario equilibrio entre a bondade e a beleza. ANA RIVAS 2Por iso non cumpre as características que o enigma dita para os humanos. Non ten unha voz senón dúas: a que todos escoitamos, e a do silencio, ese silencio clásico que, como dixo un poeta, atravesa os océanos do tempo, e que só os nenos serios captan en toda a súa plenitude. De nena, Ana non andaba a catro patas, como tamén di o enigma, pois naceu co don divino de saber, como sabía a súa amada Medea, que esa forma de desprazarse é a dun réptil. De adulta tampouco anda, como di o enigma, a dúas patas. Ata nunha cama de hospital se despraza coas múltiples patas dos alumnos. E de vella… Síntoo polo enigma pero Ana nunca será vella. E nunca será vella porque, de novo en contra do que di o enigma, cantos máis pés ten, máis rápido corre. E, sobre todo, porque, coñécela ou non a coñezas, nunca intentará destruírte, ao contrario, intentará sacar o mellor que levas dentro e que nin ti mesmo coñeces.

     Ana e eu somos amigos desde unha adolescencia que os dous temos mitificada, e sei que Ana ten esa grandeza de espírito que só teñen as persoas que se fixeron boas porque, como di o seu admirado El Brujo, todas as postas de sol da súa nenez foron e, a pesar dos pesares, seguen sendo, moi fermosas.

6 comentarios en “Homenaxe a Ana Rivas

  1. Sr. Losada: Comparto ese gran desexo que ten, porque un día podería nomear ao seu amigo Ana, filla adoptada do seu concello. (Rianxo) Miña nai!!! Pensei que non o conseguería!!! Digo isto porque a miña lingua materna sempre estivo en castelán, e este é o resultado: que no la escribo, ni hablo bien. Ya me gustaría!!! Un saúdo.

  2. Se algo me doe deste mundo mediático e virtual no que vivimos, é a facilidade coa que moitas persoas acadan a fama e o recoñecemento sen máis mérito que a habilidade para o titular fácil ou o vídeo exhibicionista. As persoas discretas, constantes, regulares, esas que fan milagres de humanidade todos os días, como Ana, pasan desapercibidas máis alá do reducido ámbito onde traballan. Leva 26 anos en Rianxo e ten o recoñecemento de toda a comunidade educativa dando clase de linguas e culturas supostamente mortas. Encantaríame que a nomeasen filla adoptiva do meu concello (é de Padrón) e que a única razón alegada fose “por facer do extraordinario algo ordinario”.
    Grazas polas túas palabras.
    Un saúdo

  3. Me ha gustado ese bello homenaje de admiración y cariño, hacia una amiga. Ya les gustaría a muchos, tener en su círculo de amistades, a alguien así!!! Por lo que cuentas respecto a ella; poder reunir, acumular la bondad con la belleza, que desgraciadamente no siempre van unidas; y en un mundo de incomprensión y egoísmo… encontrarnos con personas de esas características tan especiales y humanas… é un agasallo do ceo. Por iso felicítoche profesor.

  4. Querido profesor: Hoy creo que ha sido la primera vez, que me he levantado varias veces del ordenador por no tener clara mi contestación a tu ¿implícito? texto. Tengo el ordenador en la habitación y antes de meterme en el baño lo enciendo. Al salir, hago la cama y leo la “buena letra” del correspondiente escritor barbantiano. Si voy a quedarme en casa, ya les doy contestación al momento, de lo contrario, lo hago al regresar, o por la tarde (siempre que me sea posible). Hoy, me he sentado, me he levantado de la silla, he barrido, me he vuelto a sentar, y finalmente sin escribir una línea, me arreglé y salí. Ya devuelta, he regresado al ordenador para releer por cuarta vez tu artículo. Al final, meditando sobre lo que has dicho o querido dar a entender, me he decidido . Sabes que conozco a Ana, me la presentaste tú en el Concello de Rianxo, hablé con ella un ratito y efectivamente, además de preciosa, es dulce y amable, no me extraña en absoluto tus elogios hacia una persona como ella. No obstante, he sentido una sensación un poco extraña. ¿ Cómo está Ana ? si puedes contestarme saldré de la incertidumbre en la que me ha dejado hoy tu entrada, de lo contrario, también lo entenderé.
    Besiños palmeiráns, querido José Ricardo.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *