Todolos artigos de: cafebarbantia

Meditacións

Foto: Elisa Durán Cortegoso
Foto: Elisa Durán Cortegoso

Xabier L. Marqués. Unha camelia. Algunhas flores caídas. No chan. Húmido. Case que todas enteiras nese chan húmido. É certo, M. A. Murado, que os pétalos caen todos á vez, pero neste terreo noso non resoan coma no Xapón, bo-to, senón cun son máis lene, imperceptíbel, mesmo un son de derrota silandeira (“doces camelios derrotados para sempre”, que dixo Ferrín). Seguir lendo Meditacións →

Alcol

borrachoAntón Riveiro Coello. Dende hai anos os expertos alertan do alto consumo de alcol entre a poboación, especialmente entre a mocidade. Estes días o tema volve á actualidade porque Escocia fixou un prezo mínimo para o alcol coa intención de reducir o seu consumo. Non parece posible que o goberno español tamén opte por unha maior taxa impositiva, porque somos un país vitivinícola cunha importante produción e, ademais, cunha cultura do alcol moi arraigada en nós. Seguir lendo Alcol →

Pedro F. Castelao, un teólogo laico

O Escritor. A vision do invisiblePastor Rodríguez. Pedro Manuel Fernández Castelao nace en Ribeira en 1975, onde estudou o bacharelato para logo cursar teoloxía no Instituto Teolóxico Compostelán e na Universidade Pontificia de Comillas, ademais de asistir a cursos formativos en Nápoles e Friburgo de Brisgovia. Premio extraordinario de Licenciatura en Teoloxía no ano 2000, doutorouse no ano 2009 e gañou o Premio José María Ramón de Sampedro á mellor tese de doutoramento en Teoloxía. Profesor convidado na Universidade Interamericana de Porto Rico, é profesor en Comillas de Antropoloxía Teolóxica. En xaneiro de 2007 sucedeu o seu coterráneo Andrés Torres Queiruga, seu mestre en Compostela, na dirección da revista Encrucillada. Seguir lendo Pedro F. Castelao, un teólogo laico →