Neoturistas xaponeses

descargaX. Ricardo Losada. Nun deses estudos tan habituais nas universidades estadounidenses descubriron que a maioría dos insultos que  xorden nas estradas e autopistas van dirixidos a condutores de coches de alta gama. Con unha excepción. Os coches de alta gama convertibles, pois custa máis insultar unha persoa se lle vemos a cara. Os investigadores extrapolaron esa conclusión ás relacións nas redes sociais: son menos humanas que as relacións cara a cara. Así, Facebook, Twitter, Instagram non erradican a soidade, disfrázana e, por debaixo do disfrace, sentímonos cada vez máis abandonados.

Pásame algo curioso con este tipo de conclusións. Nun primeiro momento, encántanme porque corroboran a idea que eu teño das relacións sociais máis acaídas para os seres humanos, pero, de seguido, parécenme completamente prexuizosas. Miro ao meu redor e comprobo que as persoas que están conectadas co móbil a unha rede social están máis felices, rin máis e comparten máis cousas (o tipo de cousas é agora secundario) que os que falamos cara a cara. É o mesmo que me pasaba hai anos cos turistas xaponeses. Todo o mundo ría deles porque non sabían mirar o mundo sen unha cámara fotográfica, e eu coincidía con esa crítica, ata que me decatei de que eran os turistas máis felices e contentos. No Louvre, por exemplo, só os turistas xaponeses parecían estar de vacacións, relaxados e felices, foto a foto. Os demais turistas nin que estivesen traballando e, pola cara que puñan diante dos cadros, nun traballo monótono e esgotador.

01245388_xlComprobádeo cando ides de viaxe. A universalización do móbil con cámara fotográfica aumentou a cantidade de ledicia e felicidade que hai nos lugares turísticos de máximo interese. Xa non é que lles tiren fotos á torre Eifell ou ao Coliseo de Roma, é que lles tiran fotos a todo o que se move ou, se é comestible, a todo o que non se move. E compárteno en tempo real. E rin e volven rir e rin por terceira vez. Eu, como amigo da filosofía, obsérvoos con atención intentando descubrir debaixo desa aparencia de sociabilidade e felicidade unha esencia de soidade e infelicidade. Pero, por moito que profundo, só observo ledicia (ledicia que terían igualmente sen saír da casa, iso si), como a daqueles xaponeses tan inxustamente deostados. Engánanme? Por suposto que non. Hai unha forma científica (mirar os pregues dos laterais dos ollos) de saber cando un sorriso é natural ou forzado. Mágoa que non haxa unha forma científica de saber se un mira falsamente interesado un cadro.

Esta entrada foi publicada en Ensaio, Narrativa, X. Ricardo Losada. Garda a ligazón permanente.

4 respostas a Neoturistas xaponeses

  1. x ricardo losada di:

    Estou de acordo co do “descapotable” pero non creo que teña que ser de alta gama. Hai anos viaxaba moito no Mehári dun amigo e era unha marabilla. Foi a única vez que me plantexei en serio sacar ese carné de conducir que aínda hoxe non teño.
    Alédame saber que teño outra comentarista que goza co humor. Creo que os robots xa son uns fenómenos en destrezas técnicas, matemáticas, musicais, artísticas, mesmo poéticas, pero seguen facendo chistes malísimos. Aínda hai unha esperanza para a humanidade!
    Tamén coincido en que todos os gustos son respectables. A min o que me dan pena son as persoas que renuncian aos seus gustos para adaptarse aos gustos dos ben pensantes. Por exemplo, ir a París e crer que hai que ir ao Louvre aínda que non che apeteza.
    Bos amigos e bos libros. Eu non pediría moito máis. Nin, polo que vexo, Magdalena. E ti pareces ir na mesma dirección. Así que benvida e oxalá sigas facendo comentarios tan frescos (sen que iso queira dicir que sexas unha fresca).
    Apertas agradecidas

  2. Naty di:

    Ya me gustaría a mí, me insultaran conduciendo un “descapotable” de alta gama!!! “Mentres non me arroxaban pedras, non me importaría”. Y riamos, riamos de vez en cuando que la sonrisa es bella, y además aporta salud según los entendidos. Cada persona es feliz a su manera; unos recreándose ante un cuadro, una pintura y otros “enganchados” a su móvil, pa-ta-que-an-do a diestro y siniestro. Cuestión de gustos; mejor diría, del grado de cultura de cada cual. Y que también es cultura la fotografía dependiendo, claro, hacia donde dirijas el objetivo para hacer un buen enfoque. Cierto que donde haya un grupo de personas reunidas, con gustos afines, y poder dialogar, palpar como bien dice Magdalena…estaríamos disfrutando de lo que realmente es una buena amistad. Y eso es muy agradable. Lo que no es tanto; entre otras cosas, es que la gente, sobre todo la juventud, no dedique un tiempo a la lectura, entre los que me incluyo. Lo he hecho; luego vino una época de abandono, pero gracias, a una muy apreciada amiga, que navega por estos lares como una estupenda comentarista, lo he retomado de nuevo. Desde aquí, aprovecho para darle las gracias. Y a vosotros también para que sigáis ofreciéndonos esos magníficos artículos, y así, seguir introduciéndonos, un poco más, en ese bello y amplio mundo de la cultura. A todos, mi aprecio sincero.

  3. x ricardo losada di:

    1- Sempre me deu a impresión de que ao redor dos museos hai moita pose. Podo estar equivocado, por suposto, pero sorpréndeme a cantidade de xente pouco interesada pola arte na casa e moi interesada cando viaxa. Sobre se aos nipóns lles gusta a arte, só podo dicirche o que diría Churchill: non os coñezo a todos.
    2- Eu tamén prefiro as relacións cara a cara. Só uso o móbil como teléfono. Non estou en ningunha rede social nin teño wasap. Pero tamén recordo con frecuencia que cando apareceu o tren, moitos entendidos dicían que viaxar a 40 quilómetros por hora traería graves transtornos ao ser humano.
    3-Os xaponeses que eu vin non dicía pa-ta-ta. Seino porque o seu sorriso erácheme moi contaxioso.
    4-Quedei moi contento coa presentación en Santiago. O acto ía pola hora e media, eu intentaba impor o criterio de “máximo unha hora”, pero non me deixaban. Que máis se pode pedir!!!! Acordeime de ti. Sempre me é moi agradable a túa presenza.
    Unha moi forte aperta

  4. Magdalena di:

    1 – Empezando por el final, querido profesor, yo creo que, el que no mira un cuadro con interés, no se para a contemplarlo ni siquiera diez segundos. Por el contrario si está interesado en él, lo mirará con deleite, porque mirar un cuadro, es como leer literalmente en imágenes. El nipón, es una persona que disfruta con la cultura.
    2 – Es verdad que los que estamos conectados a las redes sociales nos reímos y disfrutamos con las nuevas amistades, lo pasamos muy bien recibiendo audios con chistes, y acrecentamos el círculo de amigos, pero… cuando estamos de tertulia frente a frente tomando un café no virtual, palpamos y disfrutamos más de la legítima amistad.
    3 – Los japoneses. Es cierto que se ríen mucho, pero en realidad ¿ se están riendo ? porque, esos pliegues laterales de los ojos a los que aludes, son estáticos, están siempre de la misma posición; parece que ríen, pero su fisonomía es inalterable, es como si siempre estuvieran diciendo pa-ta-ta, para salir bien en sus ilimitadas fotografías.
    4 – ¿ Qué tal ayer ? espero que todo te haya salido a pedir de boca, ya me dirás.
    Besiños palmeiráns.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Podes utilizar estas etiquetas e atributos HTML : <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>