Identidade e final con cadáveres

CLAUDIO-ENVENENA-2Fidel Vidal. Preparándose para morrer di Sócrates: “Non nos achegamos á verdade senón na medida en que nos distanciamos da vida”. Para Schopenhauer a vontade de vivir non é máis ca un tránsito á nada. O drama de Hamlet, afirma Lacan, consiste no encontro coa morte. A morte desde a referencia da pantasma do defunto pai (que aparece antes do comezo da obra) até a propia morte a mans das manobras do seu tío e padrasto Claudio: veleno na copa e pezoña no florete. Antes da morte física, o pai, como acostumaban os ditadores cos disidentes significativos, intenta dálo por tolo e desterralo: a morte psíquica e cívica.

RAÍÑA.- (…) A bebida, a bebida!… Estou envelenada! (Morre)

LAERTES.-(…) A túa nai está envelenada… Non podo máis… Ao rei, ao rei a culpa!

HAMLET.- A punta envelenada tamén!… Daquela… veleno, á túa obra! (Fere ao REI)

TODOS.- Traizón, traizón!

REI.- Ou! Defendédeme, amigos; só estou ferido

HAMLET.- (Póndolle nos labios a copa envelenada) Toma, ti, incestuoso criminal, maldito rei de Dinamarca! Apura esta copa… Non está aquí a túa perla, a túa prenda de unión? Segue, pois, a miña nai! (O REI morre)

LAERTES.- (…) Que a miña morte e a do meu pai non caian sobre ti, nin a túa sobre min… (Morre)

                                                           (…)

HAMLET.- Ou! Morro Horacio. O activo veleno subxuga por completo o meu espírito. Non podo vivir o bastante para saber novas de Inglaterra; pero auguro que a elección recaerá en Fortinbrás; ten ao seu favor a miña voz moribunda. Dillo así, con todos os incidentes, grandes e pequenos, que me impulsaron. O demais é silencio. (Morre)

                                                           (…)

FORTINBRÁS.- (…) Levade os cadáveres, que o espectáculo é máis propio dun campo de batalla!  (Acto Quinto, Escena II)

Hamlet_muerteO rei ten a culpa. O pai culpable da súa morte por querer destruír e matar o fillo. Así sucede con Laio e co seu fillo innominado, coñecido despois como Edipo, e con Claudio, que elimina, nun acto fratricida, de cainismo, ao seu irmán para se desfacer do fillo, de Hamlet, roubándolle a un tempo trono, nai e nome. O nome do pai só é unha sombra, o verbo da terrible verdade. Cando Hamlet cae ferido de morte antes de ferir á súa vez ao seu inimigo, a traxedia segue o seu curso e acaba na hora do Outro. A hora do Outro, esta é a marca absolutamente esencial para Lacan, se queremos entender aquilo de que se trata.

O espírito da obra non se reduce a un xogo de enganos, “senón que é un xogo dos significantes na dimensión do sentido”. Do falo mortal. A espada (foil, florete, xoia), ademais de o ferir de morte, permítelle culminar a súa carreira matando ao mesmo tempo ao seu adversario (Laertes) e ao Rei (culpable), obxecto último da súa misión. Neste xogo de palabras –afirma Lacan- hai, por fin, unha identificación.

Coda.- Últimas liñas da peza teatral HAMLET, Traxedia cómica, de Luís Buñuel:

“Mais…, de pronto HAMLET ponse terriblemente pálido, retrocede uns pasos e despois de lanzar un terrible ai! incestuoso cae mutilado na cuberta. Que sucedeu? LETICIA a desexada LETICIA, a dos aseados peitos, non é outra que o mesmo HAMLET, el, idéntico HAMLET que pariu a súa nai.”

 

2 comentarios en “Identidade e final con cadáveres

  1. Un pracer ler os teus comentarios, Mantemos abertos e certeiros os nosos SOÑOS, miña atenta Magdalena. A obra de Buñuel é de apenas catro páxinas, un alarde de imaxim¡nación surrealista.
    Saúde e continuaremos coas nosas lerias.

  2. Efectivamente, querido Fidel; Sócrates, continuando con esa frase que tú señalas, en los “Diálogos- Fedón, o de la inmortalidad del alma” le dice a Simmias y Cebes que: sería muy injusto morir si en la otra vida no se encontrase con algo muy bueno. Algo digno de lo que en vida él practicó: – “Si la muerte fuera la disolución de toda la existencia tendrían los malos una gran ganancia después de la muerte, libres al mismo tiempo de su cuerpo, de su alma y de sus vicios”.

    Me quedo con la miel en los labios por la tragicomedia de Buñuel.

    Me despido haciendo referencia a la frase que me dijiste el otro día y que yo la ratifico: -Ni tú, ni yo, iremos a parar a ese lugar llamado por Homero “el Tártaro”, porque seguro que merecemos lo mismo que Sócrates, él, tenía la firme convicción de encontrarse después de decir adiós con la cicuta con un mundo perfecto.

    EFÍMERA HARÉ MI FE.

    Besiños palmeiráns perdurables, nunca efímeros.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Podes utilizar estas etiquetas e atributos HTML : <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>