Todolos artigos de: cafebarbantia

Unha cuestión de alturas

Matalobos
Matalobos

Francisco Ant. Vidal Blanco. Sempre me fixen eco daquela máxima anarquista, que as categorías son como as lacenas, canto máis altas máis inútiles, pero estaba equivocado. E para proba, aí tendes que as oficinas de dirección de calquera empresa están no piso máis alto posible, mentres que no soto fica o almacén dos aparellos de limpeza. Seguir lendo Unha cuestión de alturas →

Galicia e os galegos na poesía castelá. LXXXVIII. O conde de Foxá

poesiaRomán Arén. Ignoro cal foi a relación de Agustín de Foxá (1903-1959) con Galicia. Foi un dos máis destacados intelectuais que apoiou a Franco, famoso por ser o autor da mellor novela da guerra civil escrita dende o bando fascista, Madid de corte a cheka (1938), pero tamén dramaturgo con Baile en capitanía (1944) ou Cui-Ping-Sing (1940), bo xornalista, autor dos contos de Misión en Bucarest, viaxeiro que contou as súas experiencias en Por la otra orilla. E poeta, autor de La niña del caracol (1933), entre o modernismo e a vangarda, El toro, la muerte y el agua (1936), El almendro y la espada (1940), poesía bélica, e El gallo y la muerte (1948). Seguir lendo Galicia e os galegos na poesía castelá. LXXXVIII. O conde de Foxá →

Freud / Hamlet: o desexo

911866-MLA26951020449_032018-OFidel Vidal. “O destino fatal e o oráculo non eran senón [en Edipo] as materializacións da necesidade interior que o heroe pecara sen sabelo e contra os seus propósitos era, evidentemente, a expresión correcta da natureza inconsciente das súas aspiracións criminais. (…) Hamlet enfróntase á tarefa de vingar en outro os dous crimes que constitúen o contido da aspiración do Edipo; iso volve posible que o seu propio, escuro, sentimento de culpa lle paralice o brazo.” (Freud) Seguir lendo Freud / Hamlet: o desexo →

Noia, un espazo da memoria

BA27C2F6_21042Pedro García Vidal. Ao igual que as persoas, algunhas cidades posúen tamén certificado de nacemento. No caso de Noia ten data de 9 de abril de 1168, momento en que o rei Fernando II lle outorga a súa Carta Pobra, polo que a vila vén de celebrar o seu 850 aniversario. Logo de tanto tempo, a memoria devalou, e a cidadanía foi perden-do conciencia do mundo que a creou. Seguir lendo Noia, un espazo da memoria →