Xosé Manuel Lobato. Coñecer, transmitir e amar, tres verbas nun remuíño centrípeto en magnánima inspiración, que se mecen harmoniosas no vizoso berce poético de Xosé Luna. Un barrelo que navega na ondada oceánica, abalando e devalando acada a nosa terriña para bambear, mentres maxina ás para dende o aire compartir. Desexando acougar preto da Lúa e, ollar o firmamento na procura dun ronsel de amoríos.
Soñado pentagrama poético impregnado de profunda e intensa admiración pola vida e a nai natura, suxestivas composicións para ser musicadas e interpretadas baixo o coruscar de fuxidíos luceiros do amencer. Seguir lendo Acordes vogando no ar


