Xerardo AgraFoxo. A praia era un areal inmenso, coma un abeiro salvaxe ateigado de nenos emboutados de area, mozos refregando as cabras na auga salgada, nenas ao redor das súas nais e mulleres que -a chegada dun cayuco. Cando este ancorou na beiramar, mentres uns cativos controlaban as redes, os mariñeiros desembarcaron as capturas e as súas donas recolléronas nuns caldeiros para levalas aos postos de venda. Seguir lendo Yoff
Todolos artigos de: cafebarbantia
Silencio e palabras
Fidel Vidal. Que sería das palabras sen o silencio? E da escrita sen o branco da páxina? O silencio non é un baleiro, un oco improdutivo, é o lugar onde a voz toma asento. Así o baleiro necesario no espazo para que a vida floreza e alente. Referímo-nos ao espazo e ao silencio inocentes, coa única intención de axuda e colaboración. Porque hai ocos e silencios que estouran máis cá treboada. Seguir lendo Silencio e palabras
Alejandro Rodríguez Cadarso, o reitor de Compostela
Pastor Rodríguez. Nado en Noia o 21 de agosto de 1887, pola súa data de nacemento pertence a unha ilustre xeración que no Barbanza deu intelectuais como Castelao, García Martí, Lustres Rivas ou Fernández Mato. Estudante de bacharelato en Compostela, ingresa na Facultade de Medicina desa cidade en 1903, licenciándose en 1908 e especializándose en Anatomía. Os estudos de doutoramento realizounos en Madrid, onde leu a tese “Mastoiditis y trepanación”. Dende 1909 traballou na universidade de Santiago e en 1916 gaña a cátedra de Técnica Anatómica da universidade de Sevilla, pero ese mesmo ano pasa a Compostela, á cátedra de Anatomía Descritiva e Embrioloxía ata a súa morte nun accidente de automóbil en 1933. Seguir lendo Alejandro Rodríguez Cadarso, o reitor de Compostela
Ser no espazo
Antonio Piñeiro. Engaiolante, poética, mentalísima exposición a que atopamos estes días no local do Amanitas, da Pobra. B. A. de Santa Baia de Monroi amósaa, por certo, nun dos establecementos que dende sempre máis veñen poxando pola arte xenuinamente barbanzá. Seguir lendo Ser no espazo