Todolos artigos de: cafebarbantia

A utilidade do desexo

utilidadX. Ricardo Losada. Juan Villoro conta no seu último libro a historia dun gobernador mexicano que ofrecía comidas íntimas, segundo el mesmo dicía, para 150 persoas. Tamén revela que un dos méritos do escritor Jorge Ibargüengoitia era comprender moi ben que os heroes non se forxan no cumprimento do deber senón nos avatares da súa moi humana condición, e pon como exemplo que moitas batallas gañáronse porque un xeneral desexaba almorzar o seu guiso favorito nunha cidade ocupada. Os desexos máis nimios e o azar provocan peripecias que os políticos e os costumes transforman en epopeas. Seguir lendo A utilidade do desexo →

Protomartyr, no seu mellor momento creativo

a1874843766_10Gonzalo Trasbach. Leo nunha referencia que o último disco de Protomartyr, “Relati-ves In Descent”, cae baixo a etiqueta post-punk. Paréceme pouco axeitada, se algunha o pode ser. Despois de todo, se non nos falla a cachola, o facho do punk axiña se apagou entre soflamas delirantes e populistas. A ese golpe nihilista do taboleiro musical seguiu unha sonora explosión de bandas que se coou pola greta aberta dunha escena até entón dominada polas pousadas vacas sacras do pop e do rock, para aportar un pouco de aire fresco a un negocio que daba inquietantes síntomas de  esgotamento. Seguir lendo Protomartyr, no seu mellor momento creativo →