Thiaroye Sur Mer

10Xerardo AgraFoxo. Todo xiraba ao redor da caótica e vibrante estrada, ata que ouvín os rinchos dun tren cisterna que circulaba entre dúas mazás de casas. Fun detrás dos seus estoupidos e o que me atopei foi un escenario inimaxinable: un suburbio erguido a carón duns raís maltreitos convertidos no eixo da vida cotiá. Semellaba unha zona marxinal de Calcuta, un fervedoiro de mulleres vestidas con túnicas relucentes, mutilados pedindo esmola e un algareo que se esparexía polas calellas. Había mancheas de roupa usada nas rúas e moreas de lixo nos recunchos. O estado das vivendas falaba dun lugar decadente, con tendas escuras, patios sufocantes, frituras á vista, fiestras retortas, nenos descalzos e un rebulicio incesante. Os vendedores ambulantes anunciaban os seus produtos con aturuxos, as mulleres rexeitaban con abanos caseiros as moscas dos peixes mentres as porcalladas esparexían un desagradable alcatreo.

Nada era amable á vista e ninguén me fixo sentir medo, pero, despois de perder o sentido da orientación, vendo como me asexaban coma un ser estraño e o ruxerruxe medraba ao meu arredor, procurei liscar canto antes daquel labirinto. Entón atopei un colexio público, aberto entre edificios arruinados, onde a comunidade educativa celebraba unha xuntanza nun patio interior. Acudían profesores, unha inspectora e varias nais dos cativos. Abordaban tres asuntos complexos: rebaixar o absentismo escolar, conseguir máis material didáctico e mellorar as instalacións do centro.

Un comentario en “Thiaroye Sur Mer

  1. Querido Xerardo: ¿ Te acuerdas como los denominaba la Madre Teresa ? “los siguientes”, ella no les llamaba pobres, decía que eran más que eso, lo siguiente a la pobreza. No obstante aquella era la “ciudad de la alegría” allí donde nada había, era eso, un lugar donde reinaba la felicidad.
    Por la vestimenta de las nativas parece que algo ha cambiado. Ojalá que así sea, y que la alegría no se altere con la mudanza.
    Besiños palmeiráns, admirado Xerardo.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *