Fidel Vidal. Ante perdas significativas podemos entender o temor a sermos cada vez menos. É así como o ser de Hamlet se perfila sobre un fondo de non-ser. Amosa o not to-be coma o soporte último do to-be. Morte e loito, condición do ser. Non basta coa renuncia ao falo (declinación do edipo freudiano), é necesario perder algo de si como condición de acceso á orde fálica. Se nos detemos na posición subxectiva de Ofelia, notamos que ela está en posición hamletiana. Ofelia é Hamlet. A morte do pai e a perda do amor de Hamlet sitúan tamén a Ofelia entre o to-be e o not to-be. A diferenza con Hamlet é que Ofelia déixase caer enteiramente niso que perde, non hai subxectivazón da perda. Seguir lendo Ofelia, nai de pecadores
Todolos artigos de: cafebarbantia
Arte galega no CGAC
Pilar Sampedro. A primeira aclaración que igual toca facer é que a ninguén debe estrañar o título, porque non é común ato-par a arte galega dentro deste centro de arte contemporánea, talvez por ser contem-poránea, talvez porque case sempre foi dirixido por xente que viña de fóra ou talvez polo propio complexo de castración. Seguir lendo Arte galega no CGAC
A procura da fama
Francisco Ant. Vidal Blanco. Algo tan doado de comprender como é a procura da fama, deses cinco segundos de gloria que fan pasear polos platós a todo tipo de personaxes que acoden coa única pretensión de sacar unha expresión de asombro polo que fan ou din, está tan estendido que xa non nos sorprende. Seguir lendo A procura da fama
Fernando R. Lavandeira, poeta, tradutor e narrador
Pastor Rodríguez. Natural de Taragoña e técnico cultural no seu municipio natal, Fernando Lavandeira é, sobre todo, un poeta, aínda que cultive outros xéneros como a narrativa. Estudante de bacharelato en Pontevedra, fixo logo estudos de Antropoloxía social, didáctica ocupacional e educación social. Deuse a coñecer como poeta con Mar que evita o meu regreso (2000), obra á que seguiron Tempo é de que saiban (2006) e Poemas (2007), unha antoloxía trilingüe da súa poesía editada pola Depaul University de Chicago, dividida en dúas partes: Supoñamos e Como se o tempo fora, unha poesía conceptual de gran contención e pureza expresiva. Seguir lendo Fernando R. Lavandeira, poeta, tradutor e narrador