A procura da fama

BE27C6F1_1Francisco Ant. Vidal Blanco. Algo tan doado de comprender como é a procura da fama, deses cinco segundos de gloria que fan pasear polos platós a todo tipo de personaxes que acoden coa única pretensión de sacar unha expresión de asombro polo que fan ou din, está tan estendido que xa non nos sorprende. O afán por converterse en líder, en diferenciarse do resto sexa como sexa, abrangue a ricos e pobres, a nenos e maiores. A eterna aspiración a que nos dean palmadiñas nas costas é tan humana que a ninguén lle estraña que haxa xente que, sen medo ao ridículo, expoña o seu careto ou se preste á entrevista máis disparatada diante dunha cámara de televisión. E o caso é que hai un público cada vez maior para ver e gozar dos apuros dun tipo que por non saber quen era Amenofis IV é apoucado, ou como un pretendente feo é rexeitado e insultado pola raíña do baile cando lle pide a man publicamente, e aínda o aplauden e soben a cota de audiencia.

viral1Así é o espectáculo, pero como isto non chega, porque cada vez hai máis candidatos á gloria e os directores de casting non dan abasto para acoller tanta variedade e vaidade, os procuradores de fama botan man da Internet, o medio máis ao alcance de todos e que non necesita unha selección previa, co único afán de converterse nunha estampa viral, por ver quen fai a burrada máis grande. Xa pasou a moda de darse un baño no mar e gravalo para a rede ou botarse un caldeiro de auga pola cabeza. Tamén chegou ó seu fin (espero) aquela salvaxada da Balea azul, no que os xogadores habían de superar unhas probas a cada cal máis absurda e perigosa, ata acabar na número cincuenta en que se propón o suicidio do participante. Evidentemente, o gañador non é quen chega ao final.

Agora, un amigo fálame dun novo xogo que se está estendendo pola rede e atenta contra a saúde estomacal e vital dos desafiantes, consistente e comer cápsulas de deterxente e logo publicar o desafío na rede polo simple pracer de amosarse, de gozar da fama de ser visto por un grupo de followers que o aplaudan, por sumar cariñas con sorrisos e erectos dedos gordos, agora que estes símbolos son máis valorados que as pesetas de prata. Son xogos propios da incultura aínda que abundan na adolescencia, como aquela carreira de coches que vimos nalgunha película onde había que frear o máis cerca posible dun precipicio. Unha demostración de que nesta idade, o adolescente séntese inseguro e trata de vencer esa inseguridade facéndose notar á conta do máis insensato risco, procurando o aplauso, a fama ou visibilidade da súa fazaña.

 

Un comentario en “A procura da fama

  1. Contaba un escritor catalán que un joven oficial decidió convidar a una copa de champán francés a sus compañeros de pensión. El encargado de descorchar la botella fue un camarero poco experimentado, con tan mala fortuna que derramó parte del preciado líquido en el mantel. Cuando intentaba disculparse el aprendiz, atronó la voz del capitán: “Los experimentos, joven, con gaseosa”.
    No había oído hablar de ese nuevo juego de las cápsulas de detergente. A estos chicos o chicas, había que aplicarles el cuento. Los experimentos con Casera, La Pitusa, La Revoltosa, o la palmeirana Teimar, que es muy buena y viene en botella de cristal rellenable.
    Besiños palmeiráns, querido vecino.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Podes utilizar estas etiquetas e atributos HTML : <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>