Arte galega no CGAC

artgalegonoCGAC. 3Pilar Sampedro. A primeira aclaración que igual toca facer é que a ninguén debe estrañar o título, porque non é común ato-par a arte galega dentro deste centro de arte contemporánea, talvez por ser contem-poránea, talvez porque case sempre foi dirixido por xente que viña de fóra ou talvez polo propio complexo de castración. ModeloXarmar. Artistas galegos na colección do CGAC é unha das exposición que podemos ver neste momento no Centro Galego de Arte Contemporánea. Comisariada polo seu director, Santiago Olmo, preséntase como una tarefa en proceso, porque a colección vén sendo iso, algo que se crea ao longo do tempo. Unha colección que se vai formando desde 1995 e que conta con máis de mil duascentas pezas. Aínda en evolución, a colección é un fondo de armario, unha selección que se vai erguendo cos anos, pero que tamén funciona como un xogo de construción, como uns bloques que poden utilizarse para fabricar un ou outro obxecto, un ou outro relato.

Neste caso, o comisario fai un achegamento á arte galega das últimas décadas, a partir de mediados do século pasado. Faino de maneira cronolóxica a modo de narración. Comeza nos cincuenta e sesenta con Mampaso e Labra, os coruñeses que abriron unha fiestra á abstracción naquel mundo tan académico e gris da Ditadura. Grises son os tons que usa Tino Grandío e que na colección do CGAC non conteñen figuración. Materia e xestualidade é o que vemos na obra de Mampaso e espiritualidade, delicadeza, cores limpas o que aparece na de Labra.

Cando pasamos á seguinte sala os anos setenta e oitenta fanse presentes, é o tempo de fricción entre o xesto, a figuración, o matérico, o abstracto, o xeométrico e o óptico, porque co óptico xoga Manuel Facal nunha serie de gravados case matemáticos que acompañan a unha peza que se sitúa entre a pintura e a escultura, chamada “espantallo” con materiais pobres como a rafia. É o tempo de Atlántica, esa corrente que quixo poñer aos nosos artistas no mundo e contarlles quen eramos, modernizando a plástica galega tendo en conta o que se facía fóra pero sen esquecer os sinais de identidade; o tempo de Lamazares e Leiro, Menchu Lamas e Antón Patiño, Huete, Moldes ou Matamoro.

O terceiro paso, a partir dos anos noventa introduce definitivamente a fotografía e a  video instalación nas pezas así como as cuestións de xénero e sociopolíticas nos seus contidos. As mulleres teñen un papel máis visible e nomes como Mónica Alonso coas súas obras buscando a saúde, Montse Rego cos tecidos, Pamen Pereira coa orixinalidade das pinturas con fume ou as esculturas con graxas trae unha magnífica obra de nome “Tampouco o mar dorme” na que o océano se fai presente con toda a súa forza a través dun acuario ou Marta Lorenzo cunha relectura das cariátides clásicas…

Están aí os galegos, ao lado dalgunha peza de estranxeiro colocada para contextualizar no que naquel momento se está a realizar no resto do mundo. Están os grandes escultores ocupando o hall de entrada e compartindo sala, coa forza de materias como a pedra de Manolo Paz o a madeira de Leiro, coa mármore e a resina de Silveiro Rivas que defende o pequeno formato neste caso, coas cerámicas de Toubes,…

Arte galega na colección do CGAC revisitando a historia da nosa arte e tendo en conta fitos como a creación da Facultade de Belas Artes en Pontevedra ou a creación deste propio centro, o CGAC, nos anos noventa. Pezas escollidas no quebracabeza da colección para armar un modelo: este espello no que podemos vernos.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *